Saltar ao contido

O ÓpticaGallaecia cede os últimos dous puntos ante o lider.

O pasado sábado, os xuvenís do Óptica Gallaecia, recibían aos pontevedreses do Cisne B, no municipal de Tarrío, logo de que os nosos senior afrontasen o seu encontro con Pontedeume.
Os cullerdenses tiñan por diante unha tarefa pouco sinxela xa que recibían ao líder indiscutible da categoría.
Os nosos comezaban con moita actitude, que se vía reflexada no electrónico cun parcial de 3-0 nos minutos iniciais, a intensa defensa cullerdense conseguía frear ao rival, e con transicións veloces a portería anotabamos de forma sinxela. O culle sentíase cómodo pero pronto chegaría a reacción dos pontevedreses, que cambiando o seu sistema defensivo a 5:1, provocaba dúbidas ao ataque dos locais, así o cisne aproveitaría o seu contraataque para encaixarnos un parcial que pouco a pouco iría aumentando.
Na segunda metade os nosos saían motivados e con gañas de seguir competindo, pero o cisne no baixou o pistón en ningún momento, polo que os nosos só puideron loitar ata o final e desfrutar competindo da última xornada ligueira. Gran actitude dos cullerdenses e gran tempada deste grupo de rapaces formado entre xuvenís e cadetes que rematan quintos nesta liga prata. Noraboa!!!!!

Balonmán Culleredo 22-41 Cisne B

Culleredo: Javi, Marco, Aaron, Alvarito, Juanfran, Xoel, Lucas, Nico vázquez, Nico Casal, Bruno, Diego del Río, Diego Sala, Pestonit, Anxo.
Cisne B: Roi García, Gabriel Camilo, Iker Latas, Luís Fdez, Manuel Torres, Juan Glez, Miguel Domínguez, Enrique Lorenzo, Mateo Castro, Breixo Fentanes, Adrián Perez, Yago Amoedo.

PARCIÁIS:
3-0/ 3-7/ 6-9/ 8-13/ 10-19/ 12-23/ descanso/ 13-30/ 15-32/ 16-33/18-36/ 21-39/ 22-41/ final.

ARBITRAXE:
Renzo Martín, Gabriel

INCIDENCIAS:
Derradeira xornada de liga prata desputada no municipal de Tarrío ateigado de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *