Saltar ao contido

O Climanosa nunca baixa os brazos

Desprazouse este sábado de mañá o Climanosa a Cangas baixo mínimos, con moitas baixas de última hora, tocaba afrontalo partido con 10 xogadores. Para poder levalo mellor Iago Bolaños, un dos 3 porteiros do Climanosa, axudaría ao equipo xogando no campo por primeira vez e así ter un cambio máis que nos permitise aguantar mellor o encontro.

Comezaban os nosos moi metidos no partido, coas ideas moi claras en ataque e facéndolle dano aos locais co noso xogo sen balón, iniciando sempre a partir do apoio co pivote o que lle permitía aos nosos primeiras liñas gañarlle a espalda aos avanzados do Cangas. Na fase defensiva estábamos a mellorar o visto a pasada semana, pero a falta de contundencia e de presión nalgúns momentos permitíanlle aos xogadores locais chegar a zonas efectivas de lanzamento, oportunidade que non desaproveitaban. Co paso dos minutos subiríamos máis a presión, xerando moitas dúbidas no ataque local que non atopaba o camiño á portería. Este bo traballo defensivo víase recompensado con numerosas recuperacións de balón.

No tramo final desta primeira parte o cansancio comezaba a notarse e a falta de osíxeno víase reflexada nas malas decisión tomadas polos nosos xogadores, que perdían moitos balóns tras recuperación, non rematando de apretalo partido e dando ao Cangas contraataques que lles permitía chegar ao descanso 4 goles arriba.

Na segunda parte o protagonista sería o cansancio, con todos os xogadores acumulando moitos minutos e a intensidade do encontro veríase un partido algo máis trabado que na primeira parte. A pesares de todo, os nosos loitarían ata o final amosando que a súa competitividade é digna de admirar, sendo disciplinados tácticamente e axudándonse moito na fase defensiva conseguíamos por momentos levar o partido a donde queríamos, xerándolle problemas aos locais. Pola contra, nos minutos finais veríamos como o Cangas aproveitaba o noso cansancio para sacar unha renta máxima de ata 9 goles, que reduciríamos nun último arreón nos 5 minutos finais.

Derrota do equipo no marcador, pero sen dúbida unha vitoria en aprendizaxe para todos, nun equipo que nunca baixa os brazos!

Disalmo Bm Cangas: 30 (14+16) Marcos (P), Lucas (1), Aitor (1), Brais Pequeño, Simón (4), Telmo (6), Martiño (1), Kevin (3), Jorge (5), Adrián (4), Xabi, Luís (4), Brais Rodríguez (1).

Bm Culleredo Climanosa: 25 (10+15) Mateo (P), Hugo (P), Iago (2), Iván (7), Martín, Xoel (3), Mauro (2), Javier (7), Jacobo Soto (4), Lucas.

Árbitros: César Carballo e Jonathan Rodríguez, moi correctos e acertados durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 6ª xornada do grupo polo título da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *