Saltar ao contido

UNHA DESPEDIDA AMARGA

O Bm Culleredo Baía Edicións quería despedirse da súa afición cunha victoria, pero non puido ser.

O encontro deu comezo cunha declaración de intereses do Bm Culleredo. As cullerdenses perforaban a portería a pracer.

Un 5-2 de saída a prol das locais, rompeu a goles, un momento de incertidumbre e reconstrucción e con anotacións consecutivas cerca do minuto 20 o Ourense atopouse co empate.

Non aproveitaron as Cullerdenses as superioriedades e os penalties, permitindo co Pabellón pasase de largo e levase unha ventaxe de dous goles sobre o Culleredo ó descanso.

Reanudaba a segunda parte, o Culleredo, tratou de equilibrala balanza. Non tiña sorte tocando varios balóns que non acababan de entrar entre os tres paus da portería. O encontro ía encamiñado, os pequenos detalles e enganchar unha boa racha na portería sería a clave para ámbolos dous equipos.

Un cambio defensivo na recta final do encontro do Culleredo,provocaba moitos erros na saga ourensana pero, os ataques foron abortados por accións da porteira rival.

Entrados os últimos 5 minutos, o Pabellón volvía abrir unha pequena brecha. O Culleredo desarmou a defensa e non tiña folgos para aguantar, tendo a prol un penalti pero sen tempo para empatalo encontro.

As locais querían brindar unha victoria ó seu público, coma despedida desta primeira competición, xa que, a derradeira xornada terá lugar en Porriño.

BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 21 (11+10): Aroa Barbeito Casas, Marina Rodríguez Fernández (3), Carla Muiño Cancela (7), Aitana Tasende Domínguez (3), Aroa García Pena (1), Sofía Gerpe Insua, Noa Insua Gómez (5), Leire Barbeito Casas (1), Paula Peteiro Vázquez (1), Paula Vidal Rouco

DE PUEBLO CARNICERIA BM. PABELLON 23 (13+10):

Marta Rodríguez Rubio (7), Ana Rosa Pineda Mariñez (1), Aldara Díaz Blanco (1), Xiana Fernández Almansa (3), Uxia González Gómez, Yanely Ruth Rodríguez Pérez (4), Sofía Carcacia Testa (1), Alba Rivera Fernández (2), Nerea Nogueiras Fariñas (1), Uxia Fidalgo Pérez, Daniela Rodríguez Rodríguez (3), Aitana Fernández García, Mar Díaz Barreiro

Parcial Cada 5 Minutos: 2-2/5-2/6-4/7-7/10-12/11-13 Descanso 14-16/16-17/18-19/18-21/19-22/21-23 Final

Colexiados: : Iván Alfonso Pazos e Lucas Sánchez Pazo. Excluiron a Carla Muiño e Leire Barbeito dous minutos, polo equipo local e dous minutos a marta Rodriguez, Ana Rosa Pineda, Yanely Ruth e Daniela Rodríguez polo equipo visitante.

Incidencias: 17ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras.Con 50 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - BALONMÁN MOAÑA 24-21

ASMUBAL MEAÑO - BM CASELAS 18-18

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - BALONMANO PORRIÑO "B" 27-21

CORETI LALÍN - MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 31-23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *