Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Esta fin de semana afrontan os nosos equipos importantes partidos para os seus intereses competitivos, cos xuvenís de Ouro xogándose o pase á Final Four en Lalín e o equipo senior que precisa gañar os 3 encontros restantes para mantelas súas opcións de gañar o campionato.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS MILLAVÉN CENTRO JARDÍN CP LUCENSE

Visitaranos o CP Lucense este domingo, estando empatadas a puntos no primeiro posto co Atlántico. Xogaranse contra nós o título ligueiro, afrontando as nosas un dos encontros máis difíciles da tempada, pero no que de seguro competiremos ata o final por esos 2 puntos e seguiremos dando pasos seguindo o camiño marcado.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS SEIS DO NADAL COIA “A”

Reciben os infantís do Climanosa ao equipo vigués, buscando os nosos sumar os que serían os primeiros puntos desta fase final. Sabendo que o partido será moi complicado, afrontarán os nosos o partido con moita ilusión e decisión, tentando seguir na liña defensiva da semana pasada e amosar que poden gañarlle a calquera.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS TUBASYS XIRIA

Chegado a estas alturas da competición , na xornada do sábado 25, o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar enfróntase ás 12:30 ó seu veciño, o Bm Xiria. Empatados a puntos no taboleiro, medirán as súas forzas enfrontándose por primeira vez esta tempada.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS OAR CORUÑA 1952

Este sábado ás 10.30 no municipal de Almeiras, o noso grupo cadete de liga prata, GalaicoCaravaning, afrontará a derradeira xornada ligueira ante os veciños coruñeses do OAR Coruña. Derbi provincial onde os nosos rapaces loitarán por non ceder os dous puntos e así rematar a competición nos postos altos da táboa. Unha victoria podría deixarnos no segundo posto da táboa, logo dun gran campeonato

(CM) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Último da liga regular para o Remax Riazor, que só coñece a vitoria nesta segunda volta. O gran traballo es esforzo dos rapaces faise eco e buscarán acabar esta fase cun bo sabor de boca. En fronte estará o líder da competición, que pasará á seguinte fase pola loita polo título da división de prata. Será un partido moi atractivo de ver e disfrutar.

(XF) BALONMANO PORRIÑO “B” VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

Derradeira xornada da Liga de Prata Categoría Xuvenil Femenino. Xa adiantábamos na xornada anterior, co Bm Culleredo Baía Edicións, despediase lamentablemente da súa aficción cunha derrota, asi que agora aínda que lle toque rematala competición en terras porriñesas, o domingo 26 ás 16:30, e onde ámbolos dous equipos non se xogan nada,tentarán de ofrecer un bó encontro por aquilo de rematar cunha victoria e un bó sabor de boca para afrontar a seguinte competición

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES “B”

Este sábado ás 20:00, no municipal de Tarrío e logo de xogar os nosos senior, os xuvenís de óptica Gallaecia terán por diante o derradeiro encontro desta segunda fase ante os líderes. Os nosos teñen por diante a tarefa de non ceder os dous puntos e rematar a competición coas millores sensacións posibles.

(XM) UPI INFORMÁTICA LALÍN VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O derradeiro partido da liga regular para o noso xuvenil de Liga Ouro terá lugar este domingo en Lalín, no que supón unha auténtica final. Nesta competición tan apertada, o resultado deste partido pode significar que entremos directamente na Final-4 que da acceso ao Campionato de España, que teñamos que ir a unha fase previa contra o campión da Liga Prata, ou mesmo que nos quedemos fora sen opcións a disputar esa fase final: todos os escenarios son posibles. Sabendo a dificultade que supón enfrontarnos a un rival que tamén necesita a vitoria para clasificarse, e ademáis ter que facelo na súa casa, o noso equipo viaxa disposto a dar o máximo nun partido destas características.

(SM) BM CULLEREDO VS DISPESÁN CAFÉ BM PONTEDEUME

Encontro transcendental o que vai disputar o BM.Culleredo este Sábado ás 18.30. O encontro, que se celebrará no municipal de Tarrío, é o primeiro dos tres que quedan para a conclusión da liga regular en 1.ª Autonómica masculina. Na súa loita polo campionato, o BM.Culleredo deberá de saír vitorioso dos tres compromisos e esperar unha picada do BM.Porriño, a un punto dos cullerdenses. Por todo iso, este encontro ante os de Ferrolterra é vital, un conxunto que xa foi capaz de impoñerse ao BM.Culleredo na primeira volta e que se está mostrando regular e competitivo en todas as canchas. Os de Culleredo deberán de saír concentrados e serios, coa idea de realizar sesenta minutos ao máis alto nivel. A intensidade nos contactos deberá de ser moi alta e estes, definitivos cando se produzan para cortar as accións do rival. En ataque deberase de recuperar o xogo colectivo, onde a continuidade e fluidez do balón é esencial no modelo cullerdense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *