Saltar ao contido

UNHA INXUSTA DERROTA A UN GRAN ESFORZO

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar perdeu no seu desprazamento do sábado a Cangas. Arrancou con brillantez e lanzouse ó ataque, dándolle moito ritmo ó inicio do encontro e estando acertadas no ataque.

As de Cangas tiveron que solicitar un tempo morto para intentar revertir a situación.

Os dous seguintes goles a favor do equipo de Cangas, valeron para empatalo encontro. A partir de ahí intercaláronse os goles ata chegalo descando a 11-10 a prol das de Cangas. Sen embargo, a pesar de non lograr grandes parciais, as locais non perderon a ventaxa e no minuto 20 cumpliuse un 24-18 no marcador.

O Cangas estivo moi acertado tanto en defensa (tivo un 3x3 na maior parte do encontro) coma no ataque baixo a batuta de Goretti e Enma.

O Fisioterapia Benestar é un gran equipo e o demostrou ata o minuto 16 intentando superar a defensa das locais tan presionante e que as desgastou.

As cullerdenses intentaron acurtalas distancias, pero o Cangas non baixou a garda vendo que si se relaxaba, podía correlo risco de que o encontro tornase.

OPTICA STUDIO BM. CANGAS 30 (11+19): Ana Cancelas Iglesias (3), Sabela Chapela Ríos (2), Goretti Carballal López (9), Emma Rial Salgueiro (7), Aitana Lorenzo Riobo, Nuria Villar Eiroa (2), Salma Abidour Boubker, Eva González González (3), Raquel Rial Otero, Alba Del Valle Santamarina, Irene Dios Loureiro (3), Elba Nogueira Lovera (1), Lucia Peixoto Riobo, Carmen López Pérez, Dafne Lamoso Veiga, Tania Curras Novas

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 21 (10+11): Carla Muiño Cancela (3), Lucia Inés Cortegoso Rey, Carla Corral Quian (6), Aroa Barbeito Casas, Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vázquez 2, Lúa Fernández Núñez (1), Valentina Martínez Fiuza (6), Aroa García Pena (3), Sara Fraga Fraga

Parcial Cada 5 Minutos:1-2/4-5/6-6/8-7/8-8/11-10 Descanso 13-12/17-15/19-17/24-18/26-18/30-21 Final

Colexiados :César Carballo Fernández. Excluiu catro minutos a Tania Curras polo equipo local.

Incidencias: 5ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de o Gatañal. Con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada

TUBASYS XIRIA - PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 19-19

ASMUBAL MEAÑO - OS DO COUTO BM CAÑIZA 30-25

SAR B BLUENEWABLES - COOLSPORT BM PABELLÓN 36-25

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *