Saltar ao contido

BM.CULLEREDO SWEEPEND: UN CAMPIÓN QUE CONTINÚA FIRME

Despois de proclamarse brillantemente campión galego a pasada semana en Pontevedra, o BM.Culleredo Sweepend recibía este Sábado no municipal de Tarrío ao Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonmán. A falta de tres xornadas para o final da liga Ouro, os cullerdenses xa teñen en mente o campionato de España para o que están clasificados e tanto os partidos que restan de competición como os adestramentos que quedan ata a cita nacional, teñen como obxectivo a preparación para esa gran momento. A maiores, a posibilidade de terminar a competición como equipo invicto, é un aliciente máis no seo deste grupo, sempre ambicioso por mellorar.
No encontro da serán do Sábado, o BM.Culleredo Sweepend non daría opcións ao seu rival e impoñería unha superioridade manifesta desde os primeiros minutos. O alto ritmo característico dos de Culleredo, desarbolaría ao bo conxunto de Bueu e a positiva participación de todos os integrantes do plantel local, con continuas rotacións, sería clave para manter ese dinamismo tan difícil de aguantar por parte dos rivais. Así se chegaba ao tempo de descanso, cun marcador amplo que virtualmente finiquitaba o envite (24-10). Sen admitir sobresaltos na continuación, o BM.Culleredo Sweepend continuaría coa alta efectividade e regularidade do primeiro acto, serios en defensa e resolutivos no posicional, aumentando algarismos ata o 53-23 que reflectía o marcador final.

BM. Culleredo Sweepend: 53 (24+29). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (4), Hugo Rodríguez (4), Jaime Serrano (4), Adrián Veira (4), Iván Sánchez (5), Antón Pérez (2), Álvaro Siso (4), Samuel Seijas (4), Josemi Martínez (5), Alejo Martínez (8), Anxo Negreira (3), Roi Fdez (5), Nicolás Casal (1).

Socaire Arquitectos Bueu ATL.BM: 23 (10+13). Diego Otero, David Rodríguez, Jaime Moldes (1), Miguel Piñeiro, Mateo Blanco, Martín Cadilla (17), David Entenza, José Manuel Cordeiro, David Álvarez (2), Juan Cruz (3), Antón Fdez, Miguel Cadilla, Pedro Costas.

Parciais cada 5´: 6-1 / 8-4 / 10-6 / 17-8 / 21-9 / 24-10 / Descanso / 30-12 / 34-14 / 39-16 / 42-21 / 46-22 / 53-23 / Final.

Colexiado: Iván Hernández e Martina Regueiro.

Incidencias: Xornada nº 16 da Liga Ouro na categoría cadete masculino. Encontro disputado no pavillón de Tarrío con douscentos siareiros nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *