Saltar ao contido

DURA DERROTA NA CAÑIZA DO XM ÓPTICAGALLAECIA.

O pasado sábado, os xuvenís de liga prata desprazábanse por segundo fin de semana consecutivo á Cañiza, a desputar a penúltima xornada da segunda fase desta liga prata. Logo de non poder desputar o partido no fin de semana marcado polas malas condicións nos polideportivos, os cullerdenses tiveron que volver a desprazarse ata alí o seguinte fin de semana.

O partido amosabase compricado a priori, o plantel do culle presentaba numerosas baixas por lesión e enfermidade, e o grupo encontrouse mermado en todas ás facetas do xogo ante un Balonmán Cañiza que aínda tiña posibilidades de meterse nos postos altos da táboa e acceder a esa final4.

Na primeira metade o electrónico xa amosaba a dirección do encontro para os cañicenses, que con transicións rápidas aproveitaban as imprecisións dos de Culle que non eran quen de encontrarse no 40x20.

A tónica xeral do partido foi a mesma os sesenta minutos do envite onde os nosos, pelexando e deixándose os últimos folgos non eran capaces de revertir o electrónico. A frustración e o cansancio ía en aumento para os nosos, e así nos encaixaron o último e definitivo parcial de 7-1 que aumentaba a diferenza dos da Cañiza en 19 tantos.

Toca recuperar sensacións e efectivos esta semana para recibir en millores condicións ao primeiro clasificado o Cisne B.

Ánimo rapaces, seguimos traballando!!!

Bm A Cañiza 38-18 Bm Culleredo ópticaGallaecia

GOLES:

A Cañiza: Jesús Rivera 1, Martín Ogando 5, Diego Rguez 2, Alejandro Álvarez 3, Xose M. Pérez 7, Oscar Guerrero 9, Marcos López 7, Daniel Lusquiños 2, Brais Fdez 3, Whenhao Cheng, Fabián Domínguez 2, Jairo Domínguez 1.

Culleredo: Javi Ansede, Fariña, Lucas Sánchez, Diego Sala 5, Adri Pestonit, Nico Vázquez, Xoel 1, Juanfran, Félix, Álvaro Siso 5, Bruno Pardo 3.

PARCIÁIS:

5-2/ 8-4/ 11-6/ 14-6/ 18-8/ 20-9/ Descanso/ 24-10/ 28-12/ 29-14/ 31-16/ 35-18/ 38-19/ final.

ARBITRAXE:

Alfonso Canitrot e Diego Rivera.

INCIDENCIAS:

Penúltima xornada da segunda fase de liga prata desputada no pavillón municipal da Cañiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *