Saltar ao contido

PARTIDO DOUSCENTS: TABOAS ENTRE DOUS COLOSOS

Este pasado Sábado disputaríase no Municipal de Tarrío o partido DOUSCENTS, encontro esperado por todo o mundo, xa que se trataba dunha auténtica final no máis alto da táboa clasificatoria entre dous conxuntos separados por tan só un punto. O saír vitorioso e líder deste envite, antollábase ter moito gañado para o equipo que o conseguise, xa que a competición chega ao seu fin con tan só tres xornadas por disputar ao termo de tal batalla.

DOUSCENTS, empresa patrocinadora do mellor encontro que se pode ver nesta primeira autonómica e habitual colaborador do BM.Culleredo, estaba representada polo seu xerente Jesús Orgeira, un home traballador que fai das súas inquietudes, sacrificio e esforzo, un estilo de vida. Valores, todos eles, moi en consonancia co que é e representa BM.Culleredo. “Suso”, como se lle coñece no círculo de amizades, é ademais presidente do grupo de Networking BNI Brigantium, do que tamén forma parte o BM.Culleredo. DOUSCENTS CONSULTING ofrece solucións de programación a medida, deseño e desenvolvemento de webs e tendas online optimizadas de fronte ao posicionamento SEO.

O seu maior obxectivo sempre é conseguir que a través dos seus servizos se mellore a conta de resultados dos clientes (detección de novos nichos de mercado, darnos a coñecer naqueles clientes que aínda non nos coñecen, estratexias de lanzamento de produtos ou servizos, internacionalización…). En BM.Culleredo, estamos tremendamente orgullosos por poder colaborar de xeito conxunto con profesionais como “Suso” e a súa gran empresa.

Nesta ligazón podedes saber máis sobre DOUSCENTS CONSULTING:

https://douscents.es/

Xa no referente ao encontro, o Indupor BM.Porriño entraba mellor no mesmo e adiantábase cun perigoso 1-5 que obrigaba ao técnico local a solicitar o seu primeiro tempo morto para recompoñer ideas. Na volta ao 40x20, os cullerdenses comezarían a recortar distancias e o partido tornaríase igualado ata que no minuto vinte, os locais tomarían a dianteira por primeira vez (8-7). A partir deste intre, as alternativas serían o tónica xeneral e as igualadas ou as diferenzas mínimas para uns e outros, instalaríanse como unha constante. Coa mínima vantaxe visitante, retiraríanse ambos os conxuntos aos vestiarios no tempo de descanso (10-11).

O BM.Culleredo debía de mellorar na súa retagarda, freando as conexións da primeira liña rival co pivote e prestar un maior grao de concentración ante procedementos ou accións estudadas previamente. No ataque, facíase vital abandonar as solucións individuais e comezar a elaborar un xogo combinativo, colectivo, onde o balón e a velocidade nas situacións de continuidade fosen protagonistas. O partido estaba a ser vibrante, de alta tensión e un pavillón abarrotado, con seguidores dun e outro equipo, gozaban dun espectáculo con pouco balonmán pero moita incerteza e nerviosismo. O BM.Culleredo seguía sen atopar ese xogo combinativo que tantos bos momentos tenlles regalado e aínda que a actitude e tensión eran encomiables, o grao de sobreexcitación tampouco axudaba. Os últimos dez minutos serían claves para o devir do envite onde as precipitacións no posicional,  os descoidos no 6.0 defensivo e algún lanzamento errado en situacións claras de gol, restarían opcións de vitoria final aos de Culleredo, que afrontaban o último minuto por baixo no marcador e que conseguirían o empate nunha última acción de Carlos. Non houbo tempo para máis  e agora o BM.Culleredo debe de saír vitorioso nos tres encontros que restan e esperar a que os do Porriño cedan nun dos partidos que quedan por disputar.

 BM. Culleredo : 22 (10+12). Oscar Bello (P), Cristian Vigo (P), Alberto Catoira, Martín ínsua, Carlos Costa (2), Miguel Casal (1), Iago Franco (1), Marco García, Marcos Vázquez (4), Daniel De Salvador (1), Iago Ferreiro (5), Álvaro Fdez (3), Mario Crecente (3), Darío Pérez, Adrián Rodríguez, Diego Gago (2).

Indupor BM.Porriño: 22 (11+11). Nico Giráldez, Fernando Mosquera (2), Guillermo Fdez (2), Iñigo Silva, David Moreiras (1), Gabriel Isidro, Eduardo Alonso (4), Martín Brandariz (3), Jesús Maquieira (4), Aitor Rodríguez, Iván Fernándes, Xosé Canedo (2), José Álvarez, Martín Rodríguez (4), Miguel Guedes, Juan Rodríguez, Nahum Pérez.

Parciais cada 5´: 1-3 / 2-6 / 5-7 / 8-7 / 9-8 / 10-11 / Descanso / 13-12 / 14-15 / 17-16 / 18-18 / 19-20 / 22-22 / Final.

Colexiados: Marta González e Catarina Adao.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada nº 19 na categoría senior masculino, disputado nun municipal de Tarrío abarrotado hasta os topes con siareiros de Culleredo e Porriño.

Fotos do partido:

https://photos.app.goo.gl/c537goL4F4GSQYjaA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *