Saltar ao contido

O Nosolomadera reencontrase co triunfo

Nova xornada para o infantil masculino que nesta ocasión recibia ao Atlético Novás.

Un Nosolomadera que ven de perder os anteriores encontros pero sin perder a cara, sempre competindo ata o final .

Nesta ocasión o encontro empezou moi favorable , moi concentrado no plan defensivo para minimizar os ataques rosaleiros para logo poder sair moi rápido o contrataque e poder coller desprevido o rival.

Co paso do tempo o Novás foise asentado e empezou a crear perigo o Nosolomadera con accións de 1x1 nas zonas laterais que propiciaban o gol do equipo rival . Pola contra o equipo cullerdense encontraba boas situacións de cara o gol e chegábase o final da primera metade cunha diferencia amplia de 21-10.

Na segunda metade o equipo estivo pouco atinado na fase defensiva , moitos erros no 1x1 e as axudas defensivas estaban a chegar moi tarde isto facia que o Novás encotrara moitas situacións de cara o gol . Quizais a segunda metade os ataques estiveron por encima das defensas xa que o Nosolomadera na fase ofensiva non tiña oposición , as transformacións da primeira liña daban solucións de cara o gol .

Si que é verdade a diferencia xa no marcador pero non é excusa para baixar o ritmo defensivo, ainda así bó partido dos nosos infantís que queren chegar coa máxmia ilusión de cara o Play Off final . Para iso ainda queda moito que loitar e sobretodo entrenar.

RESULTADO FINAL: BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 43- ATLÉTICO NOVÁS 28.

FORZA CULLE.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA(21+22): Hugo Garcia(p),Jorge Amor(p), Hugo Bregua(4),Xoan Canedo(6),Xoán Seoane(2), Jairo Candamio (8),Hugo Bermúdez(4),Diego Rodriguez,Teo Gómez(5),Alexis Martinez(7),Iván Gantes(2).

ATLÉTICO NOVÁS(10+18): Iago González, Martin Sobrino(1),Xabier Álvarez(1),Antón Dominguez(4),Xoel Fernández(6),Alex Cabaleiro(4),Javier Calvo(1),Samuel Leyenda(1)Marco Martinez, Hugo Martinez.

PARCIALES CADA 5`: 5-1/9-5/13-6/21-10/24-12/28-18/34-21/38-24/43-28.

ÁRBITROS: LUCAS SÁNCHEZ

INCIDENCIAS: Xornada nº16 da liga Ouro infantil masculina , disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *