
O Abogacia Canosa viaxaba ata A Guarda para enfrontarse a un rival directo na parte baixa da clasificación, onde só 2 puntos os diferenciaban da clasificación.
Un partido que esperabase moi igualado en tenso por querer esa victoria ansiada para os dous equipos.
O partido comenzaba moi igualado onde o equipo local encontraba situacións de 1x1 no lateral esquerdo superando a defensa 5:1 proposta polo Abogacia Canosa e pola contra o equipo cullerdense superaba a defensa 5:1 guardesa mediante un 4:2 ofensivo que estaba facer dudas na defensa local.
O ataque culleredense pese a fallos de lanzamento estaba ben organizado xa que o balón trasladabase dun lado a outro e se conseguía ese desequilibrio tan ansiado para a procuara dunha situación clara de gol .
Tras varias cambios de dominante no marcador chegouse a o final da primeira parte con un gol arriba a prol do equipo cullerdense que tivo que remontar unha situación de dous goles abaixo nos últimos 5 minutos da primeira parte , Noraboa polos últimos 5 minutos xa que o equipo recompuxose e estivo moi acertado nas tarefas defensivas para poder remontar antes do descanso.
Na reanudación do encontro o Abogacia Canosa saiu enchufado e sobretodo regular , sen perdidas de balón no ataque e consistente na fase defensiva , a presión da defensa 5:1 estaba a provovar problemas no ataque ao equipo local no que se propiciaban en pérdidas de balón o acción exitosas defensivas.
No ataque o equipo seguia movendo rápido o balón e conseguindo acción de 2x2 ou 1x1 nas zonas exteriores que tanto aproveitaron para encontrar o éxito en ataque. Isto propiciaba unha ventaxa de 5 goles, que iase reducindo co paso dos minutos por pequenos fallos na fase ofensiva , fallos no lanzamento agora de pisar a liña de 6 metros , lanzamentos que acadaban a red de porteria pero eran invalidos, isto propiciaba que o Guardés que si tiña tino a hora do lanzamento e axustaba a situación do partido a 1 gol do culleredo a falta de 5 minutos. Os nervos a flor de pel , o partido igualado , os erros pagarianse moi caros nestes últimos minutos que o Abogacia Canosa soubo acabar con moita veteranía por dicir nesta caso en categoría infantil . Primeiro na fase defensiva onde neses últimos intres foi capaz de encaixar un só gol , isto máis o xogo largo sen perdidas de balón daban o Abogacia Canosa unha victoria moi traballada e moi disfrutada polo equipo cullerdense.
Noraboa pola victoria.
RESULTADO FINAL : BM GUARDÉS 21- BM CULLEREDO ABOGACÍA CANOSA 23.
Forza Culle.
BM GUARDÉS (11+10): Alejandra López, Silvia Lomba (12), Vera Pazos, Paula Martinez, Angela Martinez(3),Adriana Alvarez(1), Irene Verde(2), Yasmine López(2),Daniela Pacheco, Uxia Tajadura,
BM CULLEREDO ABOGACÍA CANOSA(12+11): Sara Fernández(p), Sara Bello(p),Antía Ferreño (2)Lucia López,Uxía Otón, Alicia Pérez(6),Thais Villaverde, Eva Outón(1), María Otero, Nadia Martinez, Alba Fernández(1),Aldara Piñeiro, Irene Rodriguez(13).
PARCIALES CADA 5`: 0-1/5-5/6-7/10-9/11-12/13-16/14-19/17-20/20-21/21-23.
ÁRBITROS: Daniela Savic.
INCIDENCIAS: Xornada 16 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón da Sangriña.
