Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Comeza o tramo final da tempada, cos equipos afrontando as derradeiras xornadas ligueiras e pelexando polos obxetivos competitivos da tempada. Sen dúbida, o partidazo desta xornada será o Balonmán Culleredo vs Indupor Bm Porriño do sábado en Tarrío, partido crave para optar ao título da 1ª Autonómica Masculina.

(IF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

Partido de moita intensidade que se xogarán estes dous equipos na parte baixa da clasificación. Prevese un encontro moi igualado, no que o que cometa menos erros sairá moi favorecido do encontro.

(IM) DISALMO BM CANGAS VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Bm Culleredo Climanosa buscará este sábado en Cangas a primeira vitoria desta fase final, que seguro que poderán acadar se volven ao camiño marcado na fase anterior. A crave do partido estará na fase defensiva, que tanto rendemento lle sacamos durante toda a tempada. Duro encontro que de seguro que será bonito de ver e xogar!

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS ATLÉTICO NOVÁS

O Nosolomadera mídese nesta ocasión contra o Atlético Novás, o equipo rosaleiro busca a vitoria a domicilio, pero o equipo cullerdense desexa a vitoria, polo que a buscará a toda costa neste encontro.

(CF) ÓPTICA ESTUDIO BM CANGAS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, desprázase a terras canguesas o sábado 18 ás 13:30 ó Pavillón Municipal de o Gatañal. As cullerdenses necesitan acadar os dous puntos para escalar na táboa clasificatoria esperando cos seus rivais directos non acaden a victoria e así, seguir con opcións nesta segunda fase.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS BUEU ATL. BALONMÁN

O BM.Culleredo Sweepend, que vén de proclamarse brillantemente campión galego na liga Ouro cadete masculina, recibe esta fin de semana ao Bueu Atl. Balonmán na que será a xornada Nº 16. Cos deberes feitos e o obxectivo cumprido a falta de tres datas para a finalización do campionato, os cullerdenses desexan terminar invictos o mesmo e utilizar estes partidos para ir preparando a súa participación no campionato de España da categoría, alá polo mes de Maio. Seguro que terán que traballar con seriedade durante os sesenta minutos ante o Bueu Atl, un conxunto que adoita obter uns algarismos altos a favor. A retagarda polo tanto, deberá de funcionar con solidez e en colaboración coa portería, ser o baluarte para conseguir unha nova vitoria ante un rival que chegará a Culleredo co afán de impoñerse ao líder. O partido dará comenzo as 20:30h do próximo Sábado no pavillón de Tarrío.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS DE PUEBLO CARNICERÍA BM PABELLÓN

A falta dunha xornada para o remate da primeira fase da Liga de Prata, o Bm Culleredo Baía Edicións, depídese da súa afección no Pavillón Municipal Almeiras o domingo 19 as 11:30.

Ámbolos dous equipos loitarán pola quinta posición, xa que distan entre si dun punto.

(XM) RODESPI BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Penúltimo partido desta segunda fase de liga prata onde os nosos xuvenís terán que visitar a complicada pista do Bm Cañiza. Os cullerdense que cederon dous puntos na casa ante o Carballal, tentarán loitar e traer os dous puntos para Culleredo, para así seguir loitando polos postos altos da táboa.

(SM) BM CULLEREDO VS INDUPOR BM PORRIÑO

O pavillón de Tarrío será testemuña dunha auténtica final o vindeiro sábado ás 19:00h.Os dous primeiros clasificados da primeira autonómica masculina (Indupor BM.Porriño e BM.Culleredo), tan só separados por un punto, xóganse o liderado a falta de catro xornadas para a finalización do campionato. O partido DOUSCENTS (empresa que colabora co BM.Culleredo), antóllase vital para os dous conxuntos, xa que o que saia vencedo terá moitas posibilidades de conseguir o campionato debido ás poucas xornadas que restan. Os de Culleredo deberán de impoñer o seu ritmo dinámico ante o modelo máis pausado dos de Porriño e evitar as perdas de balón ante a retagarda rival. O repregamento defensivo será clave e o conxunto locatario deberá de rozar a nota máis alta en cada unha das fases do xogo para impoñerse a un rival con experiencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *