Saltar ao contido

Dura derrota do Climanosa

Recibían na mañá do domingo os nosos rapaces do Climanosa ao Cañiza en Almeiras, nun partido que se prevía axustado e de intensidade.

Veríase dende o comezo un partido de erros defensivos e moita velocidade, marcando entre ambos equipos 14 goles nos primeiros 5 minutos do encontro. A incapacidade defensiva de ambos era algo que se iría correxindo, aparecendo máis axudas pola parte dos cullerdenses, que aínda así non acaban de amosar ese nivel defensivo ao que nos teñen acostumados. Xunto a estos erros en defensa, non éramos quen de superala presión da defensa 3:3 rival, que nos deixaban sen opción de pase e nos xeraban un gran número de pérdidas de balón. Xa no ecuador do primeiro tempo melloraríamos o noso xogo, con máis velocidade de balón e tomando decisións adecuadas, que nos permitían atopalo camiño ao gol. A pesares desta mellora seguíamos a sufrir no 1x1 en defensa, véndonos continuamente en situacións de lanzamentos rivais completamente solos dende os 6 metros.

A segunda parte seguiría a mesma tónica desta primeira, con moitos erros individuais e colectivos en defensa que nos costaban goles o que sumado ás perdas en ataque nos facían moi difícil poder competilo partido.

Dura derrota que sen dúbida deixa aos cullerdenses un sabor amargo, pero que debe servir como motivación para traballar moito esta semana, correxilos erros defensivos e afrontar unha nova xornada de competición ao 200%.

Bm Culleredo Climanosa: 32 (21+11) Mateo (P), Hugo (P), Iago (P), Antón, Alejandro (7), Pablo (4), Iván (5), Martín (3), Xoel (3), Guillermo, Mauro (6), Javier (1), Jacobo Soto (2), Jacobo García (1).

Hotel la Retoral Bm Cañiza: 40 (20+20) Anxo (7), Rodrigo (13), Ismael (1), Roi (3), Pablo (1), Miguel, Daniel (2), Gabriel (10), Iker (2), Lois (1).

Resultado cada 5 minutos:  6-8 / 8-10 / 14-12 / 18-18 / 21-20 / DESCANSO / 23-25 / 25-29 / 28-34 / 30-37 / 32-40 / FINAL

Árbitro: André Pena Muíños.

Incidencias: Partido correspondente á 5ª xornada do grupo polo título da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *