Saltar ao contido

Partido de altos e baixos do Sutenor

Desprazábanse as nosas infantís do Sutenor nesta mañá de domingo a Novo Mesoiro para afrontalo partido de volta fronte ao Bm Brigantium. Prevíase un partido moi igualado e desputado, no que ambos equipos tiñan opcións de levarse os 2 puntos.

Comezaban as nosas desconectadas, moi brandas en defensa, permitindo que nos superasen no 1x1 sen demasiado problema e permitindo accións claras de gol das rivais. Esta desconexión víase acompañada da dificultade que tiñamos para atacala dura 6:0 prantexada polas rivais, tendo unha compricada tarefa por diante para poder superala. Despois desos primeiros 10 minutos de desconexión comezarían as nosas a meterse no partido, subindo a intensidade defensiva e freando os envites das locais, que se vían por momentos en dificultades ante a presión das cullerdenses. En ataque comezaban as nosas a atopalo camiño ao gol, movendo o balón con velocidade e paciencia; e atacando aos espazos. Este bo final da primeira parte permitíanos chegar ao descanso con un 11-9.

Xa na segunda parte volverían as nosas nenas a ter outro baixón, moi individualizadas en defensa, sufrindo no 1x1 e chegando tarde ás axudas defensivas. Permitiría isto ao Brigantium sacar unha diferenza ampla de xa 6 goles. Véndose superadas costáballe ás nosas rapazas mantela calma e as presas xeraban máis pérdidas de balón, permitindo que as locais tivesen contraataques claros e aumentasen a vantaxe ata os 9 goles. Sen embargo uns moi bos últimos 8 minutos das cullerdenses a nivel defensivo permitíannos soñar por un momento con competilo partido, pero a falta de experiencia nestos momentos físoxe notar e rematamos cun 24-20.

Partido de aprendizaxe para as nosas, que seguen a crecer, aprender e mellorar cada día, toca traballar con todas as ganas para atopar a regularidade que necesitamos nos 50 minutos.

Bm Brigantium: 24 (11+13)

Bm Culleredo Sutenor: 20 (9+11) Sara Bello (P), Sara Villar (3), Uxía, Adriana (1), Luana (1), Noa (5), Helena (1), Antía, Aitana (5), Cintia, Inés, Celia (4).

Resultado cada 5 minutos: 2-0 / 6-1 / 8-4 / 9-6 / 11-9 / DESCANSO / 15-10 / 20-11 / 21-13 / 23-15 / 24-20 / FINAL

Árbitros: Sara Caamaño Varela.

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *