Saltar ao contido

BÓ PARTIDO DO NOSOLOMADERA PERO QUE ACABA CON DERROTA.

O Nosolomadera vixaba a Chapela para enfrontarse a un rival directo na clasificación.

O encontro comezaba cun equipo local moi enchufado e logrando pequenas ventaxas no marcador grazas a solidez defensiva e a o acerto no ataque , sempre superando a defensa 5:1 do equipo cullerdense.

O Nosolomadera non estaba cómodo na fase defensiva , os ataques directos do Chapela estaban a encontrar o éxito mentres que a defensa cullerdense estaba moi pasiva ante o envite do equipo local .

Na fase ofensiva o equipo de Culleredo , estaba a xogar con criterio pero os fallos de lanzamento estaba a ser un lastre o dia de hoxe, isto era aproveitado polo Chapela para seguir mentendo o ampliando a ventaxa no electrónico.

14-11 no descanso , o partido ainda estaba vivo e todo por xogar na segunda metade.

Na reanudación O Nosolomadera tras probar diferentes sistemas defensivo na primeira parte, volveu a cambiar e esta vez deuse coa tecra , un 4:2 que estaba a complicar o xogo do equipo local , e tras varios éxitos defensivos , con interceptacións e contrataques o equipo pasou de estar 3 abaixo a estar 2 arriba , parecía que a dinámica ia a cambiar pero uns 10 últimos minutos con moitos errros defensivos e de lanzamento , dinamizaban o equipo local que soubo remontar o encontro e poñerse por diante con moita ventaxa e poder levarse un encontro que estivo moi apaixoante dende principio a fin .

Unha irregular defensa e certos fallos de lanzamento foron os lastres deste Nosolomadera que loitou e deixou todo o que tiña para poder levarse a victoria , que esta vez non puido conseguir .

O esforzo e bó e toca seguir traballando para mellorar certas situación , isto e un aprendizaxe que cada dia nos fai mellores.

Forza Culle.

BM CHAPELA: Óscar Gónzalez(p), Mateo Lago (9), Lois Alonso(10),Iago Cerqueira(1),Mario Fernández,Javier Garcia(1),Nicolás Alonso (8), Miguel Diaz, HUGO Fernández(1),Anxo Souto.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Hugo Garcia(p), Jorge Amor(p),Hugo Bregua (1), Adrián Aneiros(3), Xoán Canedo(5), Iván Gantes, Teo Gómez(8),Hugo Bermúdez(1),Alejandro Soto, Alexis Martinez(1),Jairo Candamio (5), Diego Rodriguez.

PARCIALES CADA 5`: 3-3/5-6/8-10/11-14/14-17/19-19/22-22/23-27/24-30

ÁRBITROS: CATARINA ADAO, CÉSAR DIAZ

INCIDENCIAS: Xornada 15 da liga de Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *