Saltar ao contido

OS CADETES POÑEN A FESTA DO BALONMÁN EN ALMEIRAS

Fin de semana moi especial para a categoría cadete masculino do Bm Culleredo , o venres disputábase o derbi entre os dous equipos do clube na categoria de prata e o sábado o cadete de liga ouro conquistaba a falta de 3 xornadas do final o titlulo ligueiro de campión galego.

O venres comezou a festa do balonmán en Almeiras xa que disputabase un derbi moi especial e a vez moi intenso , O Remax Riazor e o Galaico Caravaning disputaba o derbi do partido de volta. Un Almeiras cheo e repleto de afeccionados do balonmán disposto a disfrutar de este encontro que non defraudou en ningún momento por la súa caracteristica particular.

O encontro iniciaba cos dous equipos cun sistema defensivo 6:0 , isto nos primeiros minutos facia impoñer as defensas sobretodo propiciando contrataques , aproveitados polo Galaico Caravaning para poñerse por diante no marcador .

A igualdade estaba reflexada no minuto 15 do partido , destacando a velocidade de xogo dos dous equipos na fase de transicións ofensivas e o xogo colectivo na fase estativa ofensiva, onde quizaís pouco a pouco o Remax Riazor estivo máis acertado de cara o gol no restante da primeira parte.O Galaico Caravaning non estivo acertado nesta fase xa que o Remax Riazor sacou unha ventaxa nestes últimos intres grazas o bloque defensivo e o acerto na porteria do equipo local .

O descanso o marcador reflexaba una 15-11 que pouco dicia xa que a intensidade da primeira parte foi moi alta e quedaban 30 minutos onde os dous equipos ian ir a por todas de cada a segunda parte .

E así foi , o Galaico Caravaning quiso sair con moita intensidade e forza para poder remontar nos primeiros minutos pero o Remax Riazor defendeuse coma gato panza arriba e grazas o esforzo na fase defensiva e o acerto de cara o gol , puido ampliar a ventaxa , isto propiciou máis nervos o Galaico Caravaning xa que a distancia comezabase a agrandar , pero ahi e cando vese as gañas de xogar e nunca renderse. O Caravaning empezou a contratacar con moita velocidade e a conseguir goles rápidos para poder alcanzar pouco a pouco o Remax, que estaba derrochando todo o que tiña para poder manter a ventaxa . Ritmo frenético o vivido nos ultimos 15 minutos do encontro ,os nervos a flor de pel , un fervor nos xogadores no que podria diferenciar o lume nos ollos dos xogadores por querer levarse este partido. O Galaico Caravaning o intentou ata o final pero xa non daba tempo a máis , O Remax Riazor aguantou a diferencia de goles que obtivo en certas fases do partido e o encontro finalizaba con sorrisos e bagoas pero sempre con abrazos entre os xogadores dos dous equipos e cunha foto colectiva que pode ser historia no Balonman Culleredo . 30 rapaces da categoria cadete masculina xuntos disfrutando dun único obxetivo ... O BALONMÁN.

RESULTADO FINAL: REMAX RIAZOR 29 - GALAICO CARAVANING 26

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Rubén Gantes(p), Adrián López(p), Matias teixeiro,Fabián Manzo(1),Nicolás Arias(2),Bruno Pardo(3),Álvaro Siso (4), Iago Allegue(4),Mario Sánchez(2),Lucas López(3),Jorge Outón(5),Iago Vázquez(2),Pablo Ares(3),Diego Piñeiro.

BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING: Roi Mourón(p),Hugo Diaz(p),Teo López(5),Alex Tajes, Nicolas Diaz(1),Xoán Bello(1),Jaime Serrano (6),Roi Fernández, Gael Fernández(1),Mateo Negreira,Mateo Pérez(1),Félix Noya (3),Jairo Miguez(2),Victor Laya, Hugo Rodriguez(1),

PARCIALES CADA 5`: 2-4/4-6/7-7/10-7/11-8/15-11/19-12/23-17/26-20/28-21/28-25/29-26.

ÁRBITROS: André Pena

INCIDENCIAS: Xornada 13 da liga cadete masculina liga prata disputado no Pavillón de Almeiras con alrededor de 100 pérsonas como público asistente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *