Saltar ao contido

DERROTA DO BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS SEN CONSECUENCIAS

O equipo de Culleredo cae no Pavillón de Sanguiñeda fronte o BM Caselas, nun duelo intrascendente de cara a segunda fase, na que ningún dos dous equipos teñen opcións ante un duelo entre o Brigantium e o Lalín pola primeira posición da táboa clasificatoria.

Por iso foi unha derrota sen consecuencias, pese a que as de Lucía Vilariño buscaban rematar gañando e con boas sensacións antes da última xornada da competición.

Ante o Caselas, o Baía Edicións arrancou mal, as de Caselas mostraron o seu poderío collendo unha boa ventaxa que na segunda parte as visitantes poideron disminuir a un gol, pero nun último estirón local deixou sen opcións de puntos as Cullerdenses.

Moi ben comezou o Bm Caselas o encontro, no que apareceu unha acertada porteira local. Cun 3-1 de parcial un posterior 5-1 comezou gañando o equipo vigués, que cobrou así ventaxa no inicio. Pero a reacción do visitante non chegou ata a segunda parte, que reduxo o marcador ata un gol de diferencia. Vinte minutos de ritmo intrépido que daba esperanzas as Cullerdenses

Tras esta aproximación houbo un novo empuxe por parte das de Caselas. Un parcial de 3-0 colocou de novo as locais por diante e con varias posesións para irse de catro. As de Culleredo baixaron o ritmo pola perigosidade que comezou a mostrala pista principalmente na súa parte esquerda de ataque, non merecía a pena arrisgar unha lesión e o ataque mermouse deixando escapala victoria.

Xa na mañá do sábado, no que as de Culleredo desprazábanse nun día chuvioso e húmido non facía presaxiar o desencadenante protagonista do día. Onde a chegada do equipo do Baía Edicións á casa do Caselas, xa poñía un pero, e é co terreo de xogo estaba totalmente húmido e impracticable para a práctica deportiva, logo de exercitar ámbolos dous equipos sendos calentamentos e decirdir xunta co colexiado o non comezo do encontro e procurar encontrar unha solución. O Caselas finalmente atopou outro pavillón para disputalo encontro a pesar de que nos últimos compases do encontro fixo aparición a protagonista do día , a humidade. Pero puídose rematalo encontro.

O terreo de xogo púxose impracticable na recta final o que quizais lle fixo perdelo encontro as Cullerdenses que controlaban a segunda parte.

Impresionante a segunda parte do Baía Edicións, ata que poñéndose a tres de desvantaxa para ter esperanza na remontada. E con elo soñou o Culleredo, que púsoxe a dous, que obligou ó entrenador do Caselas a pedir tempo morto.

Comezando os dez últimos minutos cunha diferenza de un gol.

Bm Caselas 23 (15+8): Marta Ripplinger, Irea Alonso Gómez (5), Noelia Cabaleiro (1), Alba Otero (5), Ainhoa Losada, Nerea Guzmán (1), Paula Sestelo (1), Marta Bernardez, Iria Domínguez (5), Irene Barreiro (1), Antia Ferreira (1), Ainhoa Morais (2), Mara, Nerea (1)

Bm Culleredo Baía Edicións 21 (9+12): Carla Bello (1), Marina Rodríguez (4), Aitana Tasende (4), Sofía Gerpe (1), Paula Vidal, Noa Insua (2), Aroa Barbeito, Leire Barbeito, Carla Corral (3), Aroa García, María Bescansa (6)

Parcial Cada 5 Minutos: 3-1/4-1/7-3/9-3/10-6/15-9 Descanso 16-14/18-16/20-17/21-20/23-20/23-21 Final

Colexiados:. Andrés Rosendo López

Incidencias: 16ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Sanguiñeda de Mós. Con 20 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - ASMUBAL MEAÑO 20-29

AACLINIC BM PABELLÓN - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL

BALONMANO PORRIÑO "B" - CORETI LALÍN 20-25

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE - BALONMÁN MOAÑA 18-15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *