Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Partidazos os que viviremos esta xornada de balonmán, coa gran atracción que será o Remax Riazor vs Galaico Caravanning e con moitos partidos dos/as máis pequenos/as.

(IF) BM BRIGANTIUM NUNEGAL VS BM CULLEREDO SUTENOR

Partido complicado o que afrontará o equipo de Liga Prata infantil feminino, contra un Brigantium que quere volver a darnos problemas e nos plantexará un partido moi duro. As nosas trala victoria no partido de ida e o progreso do equipo afróntano con moitas ganas, ilusión e convencimento de poder loitar polos 2 puntos.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS CORETI LALÍN

Despois da vitoria fóra da casa contra o Salceda, as nosas guerreiras queren conseguir a segunda vitoria seguida e ofrecer un bo espectáculo á súa afección contra o Lalín, un equipo afianzado na metade da táboa que non porá as cousas fáciles.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS HOTEL LA RETORAL BM CAÑIZA

Partido de domingo, no que os nosos rapaces do Climanosa volverán a afrontar unha dura xornada. Con baixas pero cheos de ganas, afrontarán esta nova xornada na que intentaremos sumala primeira vitoria desta fase e sobre todo seguir progresando como equipo.

(IM) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Nosolomadera busca esta fin de semana consolidar a cuarta praza e obter unha ventaxa máis ampla co seu perseguidor directo, o Balonmán Chapela que ven dunha boa dinámica e quere que os dous puntos queden na casa.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS ASMUBAL MEAÑO

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar tratará de saír máis concentrado neste encontro do domingo, no Pavillón Municipal de Almeiras, ás 11:30 para non descolgarse dos postos de arriba. Despois de perder a semana pasada fronte o Teucro, onde o marcador estaba a favor, as de Culleredo, loitarán ata o asubío final e deixalos puntos na casa, para seguir vivos na táboa clasificatoria.

Un encontro de altura, fronte a un Meaño disposto a poñelas cousas difíciles.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Derbi e festa do balonmán o venres en Almeiras, onde se desputará un encontro moi especial e prácticamente único no balonmán base, os dous equipos da categoría cadete masculina enfrontaranse unha vez máis para o deleite do balonmán en Culleredo!

(CM) BM CISNE VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Partido importante o que disputa esta fin de semana o BM.Culleredo Sweepend ante o segundo clasificado da liga Ouro (a seis puntos dos cullerdenses) no cal, en caso de vitoria, os de Culleredo proclamaranse campións galegos a falta de tres xornadas para o final da liga regular. O encontro na pista do conxunto pontevedrés non será tarefa fácil, xa que para estes, está en xogo esa segunda praza que lles outorgaría certos beneficios para conseguir billete para o campionato de España. Por tanto, o BM.Culleredo Sweepend deberá de desenvolver todo o seu potencial colectivo se quere impoñerse ante o conxunto da cidade do Lerez. As claves do partido serán, unha vez máis, establecer un traballo defensivo mellorable con respecto ao último encontro, onde a densidade na zona de balón e a actividade nos desprazamentos, sexa de alto ritmo e contundencia nos contactos. En ataque débese de fuxir de accións individuais, priorizando as accións colectivas e a velocidade da pelota como elementos craves dentro do modelo de xogo. O envite disputarase na tarde do Sábado 11/03/23 ás 18:00h, no multiusos A Xunqueira.

(XF) BM CASELAS VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

A poucas xornadas de rematala 1ª fase da competición da Liga Prata, o Bm Culleredo Baía Edicións fai, o seu penúltimo desprazamento a terras vigesas , concretamente, ó Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda de Caselas , o domingo ás 10:30.

Cunha racha positiva as costas, o equipo cullerdense sairá a por todas na pista fronte a un Bm Caselas, que non porá as cousas fáciles coma pasou en Almeiras na primeira rolda (a victoria foi para o Baía Edicións). Pero, a estas alturas da competición, o Bm Caselas está tan só un punto por riba das de culleredo, demostrará porqué está nesa posición.

(XM) RODESPI BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Penúltimo partido desta segunda fase de liga prata onde os nosos xuvenís terán que visitar a complicada pista do Bm Cañiza. Os cullerdense que cederon dous puntos na casa ante o Carballal, tentarán loitar e traer os dous puntos para Culleredo, para así seguir loitando polos postos altos da táboa.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM RECONQUISTA DE VIGO

Primeira das dúas finais que lle quedan por diante ao noso equipo xuvenil nestas dúas últimas xornadas de liga regular. Dependendo de outros resultados a situación podería mellorar, pero todo apunta a que teremos que conseguir os catro puntos que quedan en xogo para asegurarnos a praza na Final-4. O mellor é que dependemos de nós mesmos e non temos que mirar cara a outros marcadores, así que este domingo en Almeiras só nos queda poñer todo o que temos para conseguir a vitoria no derradeiro partido de liga na nosa casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *