Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR ATRAGÁNTASELLE O SD TEUCRO

As cullerdenses estaban empatadas na primeira parte e caeron por 9 ó final.

Parece que nesta segunda fase o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, está a ser irregular. As de Culleredo caeron por 34-25 na casa do Sd Teucro e comeza a ter problemas na clasificación.

A primeira parte foi todo un acerto para as visitantes. O culleredo colleu unha pequena renta de tres goles pero, as locais recortaron ata o 12-12 ó final duns primeiros trinta minutos.

O arranque da segunda metade non foi bo para as cullerdenses e intentaron mantelas súas opcións no partido pero, as do Sd Teucro, bombardearon a meta cullerdense e daban 5 goles de ventaxa ás locais non primeiros 6 minutos.

E xa non se levantou o equipo do Culleredo. O Fisioterapia Benestar desfixose na pista e comezou a encaixar goles e a perder a súas opcións en ataque. Así ata o 34-25 final.

S.D. TEUCRO CLINICA VETERISAUDE 34 (12+22): Sabela Barreiro Ardao (5), Ana Lorenzo Pajariño, Nerea Senra Soage, Lucia Pérez Sánchez, Laura Loureiro Freire, Rosalía Justo Santiago (8), Alejandra Lorenzo Rodríguez (8), Sabela Peón Lameiro (5), Mariña Omil De La Cruz (3), Irene Barco García (5), Sabela Vidal Fernández, Aloia Bugarin Guijarro

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 25 (12+13): Lúa Fernández Núñez, Carla Muiño Cancela (9), Lucia Inés Cortegoso Rey (1), Carla Corral Quian (2), Aroa Barbeito Casas, María Bescansa Alcoba (4), Leire Barbeito Casas (1), Paula Peteiro Vázquez (3), Valentina Martínez Fiuza (5), Aroa García Pena, Sara Fraga Fraga

Parcial Cada 5 Minutos:1-2/3-6/5-8/8-9/10-12/12-12 Descanso 12-16/14-20/18-24/20-27/24-31/25-34 Final

Colexiados: César Carballo Fernández. Excluiu a dous minutos a carla corral e a aroa garcia polo equipo visitante e a irene barco, alejandra lorenzo e a mariña omil polo equipo local.

Incidencias: 3ª Xornada da Liga de Prata 2ª fase, celebrada no Pavillón Multiusos a xunqueira. Con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

OPTICA STUDIO BM. CANGAS - TUBASYS XIRIA 33-33

ASMUBAL MEAÑO - PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 22-26

COOLSPORT BM PABELLÓN - OS DO COUTO BM CAÑIZA 31-24

SAR RODAVIGO B - CORETI LALÍN 20-18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *