Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Entran todas as competicións nas súas fases finais, con máis de media tempada superada e comezan os partidos decisivos. Importante o partido dos senior que debe seguila senda da vitoria para poder loitar ata o final polo título ligueiro e os encontros da base que serán de moita intensidade.

(IF) JAVUCHO PUBLICIDADE BM CASELAS VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas infantís viaxan a Salced , o último clasificado da liga. O Abogacía Canosa quere traer o dous puntos para Culleredo pero o Salceda non o porá nada fácil.

(IM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa viaxará este sábado a Lugo para enfrontarse de novo ao máximo candidato a ser campión da Liga Prata, o CP Lucense que será un rival moi duro, pero que nos servirá para seguir crecendo e mellorando.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS GARAYSA XIRIA

A.D. CARBALLAL BALONMÁN VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Dobre xornada para o Nosolomadera que recibe este sábado aos carballeses para desputalo derbi e loitar por seguir nos postos altos da táboa. Por outro lado, o domingo tocará unha saída moi difícil como é ir xogar a Carballal, donde os nosos darán a súa mellor versión para loitar polo encontro.

(CF) S.D. TEUCRO CLÍNICA VETERISAUDE VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O encontro poderá verse no Pavillón Multiusos A Xunqueira (Pontevedra) as 10:30 do sábado 4 de marzo.

O Sd Teucro é o terceiro clasificado, con 4 puntos, e o quinto, o Bm Culleredo Fisioterapia Benestar que está 2 puntos por debaixo. Polo tanto, os dous puntos que estarán en xogo neste encontró, serán claves para os dous equipos de cara os compases finais desta segunda fase.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS CP LUCENSE

O Remax Riazor volve despois dun pequeno parón, o rival será o CP Lucense, un equipo moi loitador que ponrá todo o que ten para levarse o dous puntos de Almeiras.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS GRUPO LEMACO XIRIA A

FOOTPLUS CARBALLAL VS BM CULLEREDO SWEEPEND

O BM.Culleredo Sweepend, afronta unha fin de semana intensa que pode ser moi esclarecedora de fronte ao obxectivo final. Os cullerdenses, situados como líderes invictos no máis alto da táboa, reciben o Sábado a un rival directo, o Grupo Lemaco Xiria A e viaxan a Vigo o Domingo para disputar ante o Footplus Carballal, o segundo partido desta fin de semana tan densa. En caso de lograr os catro puntos en xogo, o equipo de Culleredo daría un paso moi importante para conseguir o campionato galego, xa que afastaría ao Grupo Lemaco Xiria A ata os seis puntos a falta de cinco xornadas para o final da competición. A tarefa non vai ser sinxela, xa que o seu rival posúe un plantel con moitos argumentos nas súas filas, xogadores de gran valía e fisicamente destacables. Despois desta batalla, que se intúe de dificultade máxima, o conxunto de Culleredo terá unhas poucas horas para recuperar e viaxar ata Vigo para competir cun equipo, o de carballal, que sempre se mostra competitivo na súa cancha e ante o cal os mozos de Culleredo, deberán de mostrar máximo respecto e ningunha confianza. Mentres que o encontro do Sábado disputarase en Almeiras ás 13:00h, o do Domingo será no municipal de Carballal ás 12:30h.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BM AROUSA

Para seguir afianzando a escala na táboa clasificatoria, o Bm Culleredo Baía Edicións terá que disputalos seus encontros, coa confianza que ven demostrando últimamente.

O domingo 5 de marzo as 17:00 no Pavillón Municipal de Almeiras, terá unha boa oportunidade fronte ó Bm Arousa, que está a facer unha mellor segunda volta e co que hai que ter coidado precisamente por isa boa sensación, que está a provocar a pesar de que aínda non estreou o seu casilleiro.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS A.D. CARBALLAL

Partido de alta intensidade o que se vivirá este sábado as dez no municipal de Almeiras entre os nosos xuvenís de prata e o Carballal. Os cullerdense veñen de gañar a Viveiro nun partido moi competido, polo que tentarán seguir mesa liña e plantarlle cara a un rival de moito nivel.

(XM) ALS XIRIA “A” VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O xuvenil masculino de Liga Ouro visita a pista do Xiria en Carballo en xornada que se adianta ao venres. Ambos equipos atópanse empatados a puntos e loitando nesta recta final da liga por confirmar a clasificación para o Play-Off que da acceso ao Campionato de España. Só con estes datos xa podemos intuír que o encontro será de máxima tensión para os dous conxuntos, xa que o que saia vitorioso deste partido terá dado un paso moi importante para conseguir esa ansiada clasificación.

(SM) BM CULLEREDO VS BALONMÁN CHAPELA

O BM.Culleredo afrontará outra batalla vital o vindeiro sábado no municipal de Tarrío. Será ás 18:00h ante o BM.Chapela da 1.ª autonómica, nun contexto no que os de Culleredo deben de saír vitoriosos se desexan pelexar por consolidarse no máis alto da táboa dentro de tres fins de semana, nun duelo ante o BM.Porriño que se intúe como unha auténtica final. Antes de iso, o BM.Culleredo deberá de mellorar a regularidade das últimas dúas semanas e mostrarse máis efectivo na definición se quere impoñerse ante un conxunto que xa lles puxo as cousas moi complicadas no encontro da primeira volta. As baixas de Álvaro e Marcos por plans persoais, serán as únicas coas que conte o conxunto cullerdense para este novo e importante reto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *