Saltar ao contido

O Sutenor quédase ás portas da vitoria

Xogaba este sábado de mañá o Bm Culleredo Sutenor o seu encontro fronte ás veciñas do Bm Abegondo, contra as que tiñamos perdido dunha ampla diferenza no partido de ida. Veríase un encontro moi diferente dende o comezo, con dous equipos moito máis igualados que na ida, com diferenzas mínimas e oportunidades para ambos conxuntos de levsrse o encontro.

Comezaban ambos equipos con moitas imprecisións en ataque e defensa, errando situacións clarísimas dende os 6m e con despistes defensivos impropios destos 2 conxuntos. A primeira liña defensiva das de Abegondo estaba máis baixa do habitual, coas axudas moi cerca, dificultando a progresión das nosas rapazas que ao recibir máis estáticas do habituais non conseguían superar no 1x1 e de facelo atopábanse rápidamente coas axudas defensivas e a contundencia das visitantes.

En defensa comezamos con despistes puntuais que nos costaban caros, pero as axudas e as paradas de Sara Bello permitíannos que a diferenza no marcador non fose máis alá dos 3 goles, chegando a poñernos a tan só 1 gol ao descanso.

Melloraríamos en todas as facetas na segunda parte, máis concentradas a nivel defensivo, pero sufrindo ante as situacións de 1x1 da súa pivote, moito máis grande e forte que as nosas, facéndonos moito dano.

En ataque, a pesares da clara mellora a nivel colectivo, continuábamos a errar lanzamentos en situacións claras de gol dende os 6m, o que nos impedía poder adiantarnos no marcador.

Tras 15 minutos de bo traballo neste 2° tempo teríamos 5 minutos moi malos, con múltiples perdas e nerviosismo por vernos superadas, concedendo un parcial de 1-4. Chegaba neste momento a reacción das nosas que con varios balóns roubados conseguíamos meter un parcial de 3-0 para rematalo encontro, que unha vez máis puido ser mellor de non ser polos erros de lanzamento.

Partido no que se ve a gran evolución das nosas nenas e que nos deixa clara a importancia de mellorar o noso lanzamento e así poder competir ainda mellor!

Bm Culleredo Sutenor: 16 (8+8) Sara Bello (P), Sara Villar (1), Adriana (3), Eva (2), Luana, Noa (6), Helena (2), Antía, Cintia, Inés (1), María (1).

Bm Abegondo: 18 (9+9) Elena (P), Rosalía (12), Adriana, Daniella, Carla Suárez, Carlota, Noa (5), Sara, Lucía, Carla Barros (1).

Resultado cada 5 minutos: 0-1 / 2-2 / 3-5 / 5-8 / 8-9 / DESCANSO / 10-10 / 11-13 / 12-14 / 13-18 / 16-18 / FINAL

Árbitros: Martina Regueiro.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *