Saltar ao contido

O ABOGACIA NON PUIDO CO LAVADORES

o Abogacia Canosa presentabase en Almeiras este domingo para xogar contra un rival moi compricado como é o Lavadores de Vigo , equipo en fase ascendente que busca seguir escalando os postos altos da clasificación.

As nosas pola contra seguir sumando experiencias para poder seguir mellorando pasiño a pasiño.

Comenzaba o encontro con moitos fallos por parte dos dous equipos , pero que pronto o equipo visitante aproveitariase para ir collendo unha boa renta que mantivo todo o encontro .

A defensa do Abogacia cun sistema 3:3 propiciaba erros no ataque vigués pero ainda asi veiase superado pola pouca reacción as axudas defensivas. As nosas na fase ofensiva si que e verdade que econtraban situación coa pivote Antia Ferreño pero o xogo non fluia e constantemente os golpes francos da defensa viguesa mermanaban e paraban o xogo do Abogacia Canosa.

O descanso 10-14 no marcador.

Na segunda metade o ritmo foi o mesmo , a defensa cullerdense funcionaba pero non era quen de reducir as distancias no marcador xa que o ataque estaba moi atascado . Un pequeno axuste no plan ofensivo fixo que se encontraran algunha situación de lanzamento , xogando transformacións de central , onde o Abogacia Canosa encontraba éxito ou un bó xogo colectivo . Pero tampouco fixo cambiar drásticamente o encontro xa que o Lavarores seguiu o seu e non viuse en perigro en ningún momento do encontro.

Partido regular do Abogacia Canosa que ten que seguir a senda do traballo para poder recolectar máis frutos.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL 18-24

BM CULLEREDO ABOGACIA CANOSA: Sara Fernández(p), Lucía López(1), Alicia Pérez(1),Irene Rodriguez(6), Claudia Soto(6),Nadia Martinez, Eva Outón(1), Adriana (1), Alba ,Thais Villaverde, Antia Ferreño (3),Maria Otero.

U.B LAVADORES VIGO: Anxela Rey, Carla Pereira, Gala Dacosta , Sara Limes, Noa Fandiño, Iris Santana, Noelia Villaravid, Carla Pereira, Yamna Bakthi

PARCIALES CADA 5`: 1-3/3-7/5-8/7-11/10-14/11-15/14-18/16-20/16-22/18-24.

ARBITRAXE : Iván Hernández y Lucas Sánchez

INCIDENCIAS: xornada 13 da liga de Ouro infantil femenina disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *