Saltar ao contido

O CLIMANOSA NON PUIDO COA VELOCIDAD DO MOAÑA

O Climanosa volvía a Almeiras a encontrarse coa súa afección un fin de semana máis, nesta ocasión o rival o Bm Moaña, equipo que estivo a piques de entrar en liga Ouro.

Comezaba o partido cun ritmo frenético sobre todo por parte do equipo visitante que castigaba as perdidas de balón do equipo cullerdense con contrataques moi rápidos que era o que daba a ventaxa o equipo de Moaña.

Como iamos dicindo na fase defensiva o Climanosa sufria en dous aspectos claves, no repliegue defensivo e no factor físico , isto lastrou o Climanosa na parte defensiva toda a primeira parte e en gran parte do encontro.

Na fase ofensiva comandada por Alex Soto o Climanosa encontrabase moi cómodo e realizando accións moi disciplinadas con xogo colectivo , destacar no incio do encontro a Pablo Penelas que tivo moito éxito no lanzamneto exterior. O ataque funcionaba ante un sistema 6:0 moañes que non estaba a crear moitos problemas, ainda asi as pérdidas de balón pagábnase moi caro polo equipo local .

o descanso moita diferencia para o nivel do encontro 16-24.

Na reanudación o Climanosa estivo máis activo no repliegue defensivo e obitvo incluso algunha recuperación de balón , ainda así na fase defensiva o handicap do físico estaba a lastrar a defensa Cullerdense que via como lanzamentos lastradas dende 9 metros ou zonas pouco eficaces entraban na porteria cullerdense.

O Climanosa non se rendeu e nunca renunciou o seu estilo , propiciando boas acción colectivas , destacar accións de contrataque colectivas sen utilizar o bote de balón, e accíons moi ben elaboradas tácticamente onde no último tramo de partido Martin Casal encontraba lanzamentos na zona de pivote.

Moi bó partido en xeral do Climanosa, hay que ter en conta que son moitos goles encaixados e hai que seguir traballando para reducir ese número tan alto. Pero a dinámica , as gañas , a ilusión e sobretodo o divertimento neste partido estivo presente en todo o momento , e iso por momentos son detalles moi importantes para seguir crecendo como equipo .

Salientar a participación moi activa dos alevíns Javier Orge e Jacobo Soto que tiveron unha moi boa presencia no encontro.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL 32-44

BM CULLEREDO CLIMANOSA: Hugo Nodar, Iago Bolaños, Pablo Penelas (5),Javier Orge(1),Martin Casal(4),Xoel González, Mauro Fernández(1),Antón Rodriguez(4),Alejandro Soto (15),Jacobo Soto(1).

BM MOAÑA : Adrián Portela, Alejandro Valderrama, Dorian Rafael, Victor Piñeiro(1), Martin Veiga(18),Alexis Silva((12),Brais Nuñez, Yeray Iglesias(13),Simon Piñeiro, Pablo Iglesias.

PARCIALES CADA 5`: 4-5/7-11/13-18/16-24/19-29/24-34/26-38/29-42/32-44

ÁRBITROS: Iván Hernandez, lucas Sánchez

INCIDENCIAS: Xornada 3 da segunda fase da liga de prata do (1º ao 9º) disputada no pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *