Saltar ao contido

Traballada victoria do ÓpticaGallaecia

Este domingo os xuvenís de liga prata recibían aos xa coñecidos, Bm apartamentosTurisviveiro, na segunda xornada da segunda fase ligueira.

Partido onde os cullerdenses tiveron que tirar de raza e moito orgullo para sair ilesos do envite. Comezaba o partido sen ritmo para o culle, onde predominaban os erros defensivos provocados pola pouca contundencia no contacto, onde os Viveirenses se verían favorecidos para estar por riba no luminoso practicamente todo o encontro. Na faceta ofensiva, liderados por Aarón e Diego del Río, conseguíamos boas situacións de continuidade e claros lanzamentos dende os seis metros, pero aquí é onde aparecerían os erros de lanzamento que nos lastrarían moito al menos en toda a primeira metade.

No comezo da segunda metade, os nosos non conseguían dar coa solución para revertir o resultado, faltaba correr e subir a contra e os contragoles de forma ordenada e moi directa. Un tempo morto solicitado polos locais, activaría todas as alarmas para facer despertar e revertir o porvir do encontro. Cun sistema defensivo 5:1 sobresaínte e cunha actitude brillante, provocaba varias perdas de balón dos Viveirenses, que aproveitamos para por fin correr e facer efectivas as transicións que non se viran ata o momento. Nos últimos 5 minutos, o orgullo do culle víase en aumento e de novo o Viveiro volvería a errar, nos últimos cinco minutos fumos quen de empatar e poñernos dous tantos por riba e manter esa diferenza ata o final. Dous puntos moi traballados para este grupo formado por seis xuvenís e seis cadetes.

Noraboa a todo o grupo polo esforzo!!!!!!!!!!!!!!!!!!

FORZA CULLE, FORZA ÓPTICA!

BmCulleredo Óptica Gallaecia 26-24 Bm apartamentosturisViveiro

GOLES:

Culleredo: Nico Vázquez 1, Diego del Río 2, Xoel 2, Alvarito 2, Anxo 1, Antón 5, Aarón 3, Nico Casal 3, Bruno 4, Diego Sala 3, Adrián Pestonit, Javi (p).

Viveiro: Gabriel Mariño 6, Edgar Durán 5, Brais Fara 4, Mael Pérez 2, Jose Juan Fdez 3, Eneko García 2, Pablo Piñon 1, Martín Gómez, Héctor Umpierrez, Manuel Vázquez (p), Pablo Gallego, Bryan Castrillón.

PARCIÁIS:

2-2/ 5-5/ 5-7/ 6-8/ 8-12/ 10-13/ descanso/ 12-16/ 15-17/ 16-19/ 19-20/ 22-24/ 26-24/ final.

ARBITRAXE:

Iván Hernández.

INCIDENCIAS:

Segunda xornada da segunda fase de liga prata desputada no municipal de Almeiras cunha gran entrada de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *