Saltar ao contido

UN EMPATE MOI LABORIOSO DO XUVENIL FEMENINO

O Balonmano Meaño recibía o Balonmano Culleredo Baía Edicións na mañá de hoxe en terras pontevedresas.

O Culleredo situado nunha mellor posición presentábase o encontro con gañas dunha nova victoria.

Pero o comenzo foi floxo. Xa nos primeros minutos, as cullerdenses atopáronse cun marcador contra o que tuvieron que loitar para non baixarse do ritmo do encontro.

Non era o día de atinar nos lanzamentos, en especial os de 7m para as visitantes, claves para acurtar distancias.

Pasouse de sufrir por ir por abaixo no marcador, a sufrir por manter unha pequena ventaxa, xa que, no minuto 12 da segunda parte o Balonmán Culleredo conseguía empatalo encontro. A partir de ahí, foi un intercambio de goles. O equipo do Meaño, que marcaba dende o extremo e penaltis, acurtaba a pequena ventaxa do culleredo que se poñía pola mínima no marcador (2 arriba a falta de 5 minutos). Logo de dúas accións consecutivas; un lanzamento polo extremo e un penaltis e as de culleredo con dúas menos, chegaba o empate o marcador de novo. Había que pedir un tempo morto para recordar co empate valía para as visitantes, máis cunha derrota despois de tanta loita durante todo o encontro. Unha última acción de xogo por parte das de Meaño e logo de pedir un tempo morto as da casa, para planificar unha victoria, o Culleredo recuperou unha das xogadoras e aínda tivo tempo de meter un gol pero, atopóuse de cara coa guardameta que fixo un bo papel durante todo o encontro.

O equipo visitante, conseguía aguantalo marcador e sumar un punto importante.

O Baía Edicións está a disputalos últimos encontros desta competición irregular, onde todolos fins de semana, saen a competir polos puntos independientemente de que rival teña enfronte. Para este encontro recuperaban dúas baixas; Aitana Tasende e Carla Bello para equipo, esperando así, co equipo no sufra máis infortunios ata fin de temporada

ASMUBAL MEAÑO JUVENIL FEMENINO 27 (14+13): Angela Chan Radio , Uxia Varela Bouzada , Lucia Vilar Casal(2), Celia Besada Dovalo (8), Soraya Garcia Prado , Maria Dopazo Dovalo, Sabela Garcia Padin (2), Aldara Gorrita Carballa (6) , Iria Otero Lage (1), Zaira Otero Fraga (7), Triana Paloma Oubiña Bruno (1)

BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 27 (12 +15): Aroa Barbeito Casas , Carla Bello Lopez (7), Marina Rodriguez Fernandez (2) , Aitana Tasende Dominguez (4) , Carla Corral Quian, Maria Bescansa Alcoba (7), Sofia Gerpe Insua (5), Noa Insua Gomez (1), Lua Fernandez Nuñez , Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez (1) ,Paula Vidal Rouco

Parcial Cada 5 Minutos:3-1/5-1/6-4/9-9/10-9/14-12 Descanso 16-15/18-19/21-22/21-23/24-25/27-27 Final

Colexiados: Marcos Perez Outeda. Excluíu catro minutos a Carla Corral e dos minutos a Aitana Tasenede e Noa Insúa por parte do equipo visitante. Por parte do equipo local excluíu dous minutos a Lucía Vilar, María Dopazo e Aldara Gorrita.

Incidencias:14ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Coiron Arena.Con 20 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 20-29

BM CASELAS - CORETI LALÍN 22-27

AACLINIC BM PABELLÓN - MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 35-30

BALONMANO PORRIÑO "B" - BALONMÁN MOAÑA 34-31

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *