Saltar ao contido

Gran victoria a domicilio do GalaicoCaravaning.

O pasado sábado, o grupo CM Galaico Caravaning de liga prata desprazábase pola tarde a Camariñas a desputar o seu encontro ligueiro ante o Bm Camariñas.

Sempre por diante no marcador, o Culle non acababa de meterse no encontro, provocando moitas perdas de balón por precipitacións e erros de lanzamento. Aínda así, isto non nos impedía dominar o encontro, xa que na faceta defensiva, os nosos estiveron sobresaíntes. Cun sistema 6:0, o Culle se mantiña firme no contacto, sempre con actitude de recuperar o balón o antes posible, facendo imposible as continuas envestidas dos camariñáns, ademáis as axudas chegaban sempre a tempo, provocándolles moitas perdas de balón.

Na segunda metade, os nosos saían convencidos de levarse os dous puntos, tan só tiveron que minimizar ás perdas de balón e seguir mantendo a actitude no plano defensivo. Xogando con moita máis tranquilidade e sen perder a concentración, os nosos conseguiron unha renda de nove goles, diferenza que manterían ata o final.

Enorme victoria deste grupo que nos permite seguir nos postos altos da táboa. Noraboa rapaces, seguimos a sumar, tanto puntos como boas sensacións. Bravo!!!!

FORZA CULLE!

BmCamariñas 25-36 BmCulleredo GalaicoCaravaning

GOLES:

BmCamariñas: Fabio Pasantes 10, Daniel Paz 5, Aarón Calvo 4, Lucas García 2, Brais Dono 2, Mateo Carlín 1, Leandro Canto 1, Xaquín Hermida, Anxo Vigo, Alejandro Lobelos, Acaymo Temprano.

BmCulleredo: Teo 2, Nico Díaz 3, Xoan 4, Jaime 3, Roi Fdez 2, Hugo Rguez 6, Jairo 5, Victor 1, Felix 6, Mateo Pérez, Mateo Negreira, Alex Tajes, Gael, Hugo Díaz, Hugo Mourón.

PACIÁIS:

1-2/ 2-6/ 6-8/ 9-12/ 11-15/ 13-16/ descanso/ 13-18/ 16-21/ 18-26/ 20-27/ 21-31/ 25-36/ final.

ARBITRAXE:

Rubén Iglesias

INCIDENCIAS:

Xornada 12 de liga prata cadete, desputada no pavillón Victor Vigo de Camariñas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *