Saltar ao contido

UN PASIÑO MÁIS PARA O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

En Almeiras disputábase na mañá de onte, un encontro entre dous equipos coñecidos da competición anterior , onde o Ourense gañaba cunha diferenza de 8 goles sobre o Fisioterapia Benestar, nunha xornada, onde xogábase daquela, os primeiros postos da táboa clasificatoria.

Nesta ocasión, as circunstancias eran distintas. Coma ben vimos dicindo, os equipos encadrados nesta segunda fase, disputan encontros a unha soa volta, polo que son considerados coma finais tódalas fins de semana.

As de Culleredo saben o que hai en xogo e dominaron o encontro de principio a fin. Sen deixar opcións as de Ourense e abrindo unha ampla ventaxa a medida que ían pasando os minutos( ó descanso 15-7).

Predominio defensivo e ofensivo, con rápidas contras e accións ofensivas en ataques estáticos resolutivos, baixo un gran traballo realizados nos entrenos estos días polas de Culleredo e reflexadas no día de onte no 40x20.

Logo de vir de perder contra o Lalín o fin de semana pasado nun encontro que gañaba o Fisioterapia Benestar éstas, non baixaron o rendemento por medo a que lles volverá a pásalo mesmo e mantiveron o nivel, ata o asubío final , participando tódalas xogadoras convocadas para este encontro.

Nin os cambios defensivos que plantexou o Ourense; avanzada sobre lateral esquerdo, 3:3 e 6:0 mermaron as posibilidades de ataque das cullerdenses, que tiñan unha rápida resposta fronte a estas defensas.

Asi que, a medida que avanzou o encontro , plantexouse outro tipo de obxetivo, o de reaxustar faios defensivos de encontros anteriores e manter un 6:0 todo o encontro, sair a disuadir e realizar unha contra efectiva e ordenada. Tamén foi clave o mínimo número de erros de pase e as intervencións de ámbolas gardametas do equipo local e visitante (o marcador podía ser máis abultado para o equipo local) que interviron en partes claves do encontro

Unha importante victoria do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar, fronte a un rival directo.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 32 (15+17): Lúa Fernandez Nuñez (3), Carla Muiño Cancela (7),Lucia Ines Cortegoso Rey , Carla Corral Quian (1), Aroa Barbeito Casas , Maria Bescansa Alcoba (4), Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez (1), Antia Ferreño Fernandez (1), Valentina Martinez Fiuza (6) , Aroa Garcia Pena (1), Irene Rodriguez Fernandez (8), Sara Fraga Fraga

BM PABELLON 18 (7+11): Dana Dieguez Estevez, Paula Fuentes Dieguez , Nayra Bolaño Fernandez , Naia Dieguez Rodriguez (1), Maria Victoria Blanco Moraes ,Noelia Todea Vazquez, Luna Gomez Dominguez (2) , Aldara Diaz Blanco (1), Xiana Fernandez Almansa (1), Xiana Paradela Alonso, Nerea Nogueiras Fariñas (8), Uxia Fidalgo Perez, Daniela Rodriguez Rodriguez (2), Adriana De La Torre Morales , Aitana Fernandez Garcia (3)

Parcial Cada 5 Minutos: 3-1/5-2/7-3/8-4/11-6/15-7 Descanso 21-9/24-11/27-14/29-14/32-16/32-18 Final

Colexiados: Martina Regueiro Insua

Incidencias: 2ª Xornada da Liga de Prata 2ª fase, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 50 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

OPTICA STUDIO BM. CANGAS - SAR RODAVIGO B 25-28

TUBASYS XIRIA - ASMUBAL MEAÑO 30-33

PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN - S.D. TEUCRO CLINICA VETERISAUDE 20-24

OS DO COUTO BM CAÑIZA - CORETI LALÍN 19-26

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *