Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Nova xornada tralo parón en moitas categorías polo entroido e toca xornada con poucos desprazamentos, con todos os partidos na casa ou contra rivais próximos, o que nos da a posibilidade de ver moitos encontros e disfrutar dunha fin de semana enteira de balonmán.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS BM ABEGONDO

Retoman as nosas a competición con ganas de mellorar o derradeiro partido ligueiro, tendo como rival a un difícil Abegondo. O obxetivo é seguir no camiño para continuar crecendo como xogadoras e afrontar un partido no que a posibilidade de competir dependerá únicamente de nós, unha nova e gran oportunidade para amosar que podemos pelexar cos equipos máis fortes da competición.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS U.B. LAVADORES VIGO

As nosas infantís volven á competición despois do parón polo entroido.

As cullerdenses buscan a segunda vitoria consecutiva, pero por diante estará un rival moi duro como é o Lavadores de Vigo.

O equipo visitante quere seguir escalando postos e sabe que esta é unha boa oportunidade.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS MERKA CAFÉ BM MOAÑA

Tralo descanso na xornada anterior toca retomala competición contra o Moaña, equipo moi duro, físico e rápido. Afróntase o partido nun moi bo momento de xogo, ao que chegamos con algunhas baixas que se solventarán sen dúbida con un redobre dos esforzos dos convocados, que siguen a mellorar cada día e aportando máis ao equipo.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BM PABELLÓN

Segunda xornada para as cadetes femenino do Bm Culleredo Fisioterapia Benestar.

O Pavillón de Almeiras albergará o encontro fronte o Coolsport Bm Pabellón o sábado 25 as 11:30.

Encontros, os que disputan estas rapazas, onde todos son coma finais, xa que, esta segunda fase que están a disputar é a unha volta.

(CM) BM CAMARIÑAS VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Este sábado as 16.30 no municipal de Víctor Vigo en Camariñas, o grupo cadete de plata, galaico cafavankng desputada otra nova xornada ligueira ante un rival histórico e nunca pista sempre compricada. Logo da victoria anterior ante o difícil CP lucense, tentarán seguir nesa liña ascendente e conseguir dous novos puntos.

(XF) ASMUBAL MEAÑO VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

Bm Culleredo Baía Edicións visita o Asmubal Meaño (domingo 26, 12:30horas), co obxetivo, de sumar dous complicados puntos que lle devolvan á senda da victoria tralo último encontro na que xa cortou a súa racha de derrotas. Sería moi importante, para seguir cunha recompensa a un traballo diario xa que esta tempada non lle esta a axudar as lesións o equipo.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CLUB BM APARTAMENTOS TURISVIVEIRO

Segunda xornada da segunda fase xuvenil que se disputará en Almeiras o próximo domingo ás 17.30

Trala pasada derrota ante a SD Teucro a domicilio, os nosos queren recuperar as boas sensacións e volver a senda da victoria ante un rival xa coñecido e sempre compricado.

De seguro será un partido de alta intensidade.

(XM) BM ABEGONDO-ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚAPTE.ES

Os nosos rapaces do Culleredo despreocupate.es xogarán esta fin de semana o seu partido aprazado fronte ao Abegondo Atlántico. O noso equipo xuvenil afronta a recta final da liga regular, na que ten por diante catro partidos (tres deles fora de casa), onde terá que confirmar a súa clasificación para o play-off final. Está todo aínda por decidir, xa que hai moitos equipos con poucos puntos de diferencia, e todos loitando por meterse nese play-off. En Abegondo este domingo, temos a obriga de seguir sumando puntos para manter as nosas opcións.

(SM) CALMEAR RASOEIRO BM VS BM CULLEREDO

Nova e importante xornada para o BM.Culleredo e é que os senior do club, afrontan unha das saídas máis complicadas da competición este próximo Sábado. O desprazamento ao Grove, intúese como unha das pistas que entraña maior dificultade, máxime cando o conxunto local, o Calmear Rasoeriro BM, está a xogarse a posibilidade de entrar na Final Four desta 1.ª autonómica. Se xa o partido de ida supuxo moito sacrificio e sufrimento para os cullerdenses á hora de conseguir os dous puntos, nesta ocasión, a tarefa aínda se presupón como un reto maior e o conxunto de Culleredo terá que recompoñerse do mal encontro da pasada fin de semana ante o ATL.Novás e completar sesenta minutos de moi alto nivel para impoñerse na pista do pavillón Municipal Novo Monte da Vila. O encontro disputarase ás 18:30h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *