Saltar ao contido

Primeira derrota da tempada no XM ÓpticaGallaecia.

O pasado sábado o grupo xuvenil de liga prata tiña por diante unha nova xornada, desta vez comezábamos a segunda fase para loitar polos tres primeiros postos desta liga. Os nosos visitaban a SD Teucro, primer clasificado do seu grupo na primeira fase. Tiñamos por diante un duelo de líderes onde os nosos ían ter que suar de verdade para traer os dous puntos para Culleredo.

Na primeira metade, os pontevedreses dominaban no electrónico, as perdas de balón en ataque dos nosos, sumado os numerosos lanzamentos errados á portería eran aproveitados polo rival con transicións rápidas á nosa meta, o que nos facía dano e lastraba o noso ataque. Tempo morto para intentar solucionar os erros dos cullerdenses, e a dirección do partido cambiou. O Culle apretou os dentes en defensa, e facendo alarde do seu poderío físico chegábamos rápido a portería dos pontevedreses. O noso xogo combinativo comezou a aparecer, e con varias accións de continuidade con cruces, filtrábamos pases aos nosos pivotes nos seis metros. O orgullo dos nosos crecía e conseguían a victoria momentánea nos primeiros trinta minutos do envite.

Na segunda metade, os nosos non saíron todo o concentrados que deberían, e as perdas seguiron acumulándose, facendo que os pontevedreses empatasen de novo o encontro e se puxeran por enriba no luminoso. Os nosos foron a remolque os segundos quince minutos desta segunda metade onde non fumos quen de volver a coller as rendas e levarnos os dous puntos de volta a casa.

O seguinte fin de semana recibiremos aos xa coñecidos do Balonmán Viveiro, onde seguro terán por diante unha nova oportunidade para medrar e lograr a victoria.

Forza Culle!!!

SD Teucro 25-22 Bm Culleredo ÓpticaGallaecia

GOLES:

Teucro: Jorge Pazos, Roi Glez, Hector Costas, Carlos Quinetela, Anxo Barco, Pablo Escudero, Marcos Ríos, David Senra, Brais Sabajanes, Oscar Baltar, Agustín Borel, Alejandro Sanz

Culle: Lucas, Aarón, Antón, Juanfran, Xoel, Álvaro Siso, Iago Vázquez, Javi (p), Diego del Río, Diego Sala, Nico Casal, Nico Vázquez, Bruno.

ARBITRAXE:

Jonathan e Renzo Martín.

INCIDENCIAS:

Primeira xornada da segunda fase da liga prata desputada no Multiusos da Xunqueira, Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *