Saltar ao contido

Traballada victoria do CM GalaicoCaravaning.

Este domingo 19 de febreiro, o CM Galaico Caravaning de liga prata recibía no municipal de Almeiras ao Cp Lucense, correspondendo a xornada anterior que foi retrasada a petición dos lucenses.

Os cullerdenses que viñan de puntuar nas últimas xornadas, tiñan por diante un duelo de altos voos. Os lucenses que se levaron a victoria no partido de ida, viñan con gañas de repetir, polo que o partido ía amosar moita intensidade.

O partido foi un continuo reparto de goles entre ambos conxuntos onde o Culle dominou na primeira parte, mentras que os lucenses, dominaron a segunda. O xogo dos nosos estivo caracterizado pola intensidade defensiva e que malia as continuas rotacións de banquillo, nunca se perdeu a concentración e intensidade, convertendo así a súa defensa no bastión que axudaría a contrarestar as perdas de balón en ataque polas continuas precipitacións. Os nosos remaron ata o final, onde nos últimos dez minutos o partido foise decantándo polos cullerdenses. Tres perdas consecutivas de balón dos lucenses permitíannos poñernos un tanto por riba e manter esa diferenza ata o final.

Agradecer a gran afección que segue a medrar partido tras partido, amosando sempre educación e valores que sempre dan os últimos folgos aos nosos rapaces, grazas!

Gran partido deste grupo que segue a medrar. Seguimos rapaces!!!

FORZA CARAVANING, FORZA CULLE!

BalonmánCulleredo GalaicoCaravaning 31-30 CP Lucense

GOLES:

Culle: Anxo 5, Victor, Teo, Jaime 1, Jairo 6, Tajes 3, Xoan 2, Hugo Rodríguez 7, Mateo Pérez, Félix 5, Roi Fernández 1, Nico Díaz 1, Roi Mourón, Hugo Díaz

CP Lucense: Adrián Feijoo 4, Amir Berka 3, Bieito Martínez, Daniel López 2, Enol Vila 5, Gabriel Arean, Lucas Pena 11, Samuel Manín 4.

PARCIAIS:

3-2/ 6-4/ 10-7/ 13-11/ 15-13/ descanso/ 20-18/ 24-23/ 26-26/ 27-26/ 28-28/ 31-30/ final.

ARBITRAXE:

Rubén Iglesias e Nicolás Vázquez

INCIDENCIAS:

Xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras con máis dun centear de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *