Saltar ao contido

O BAÍA EDICIÓNS, LEVASE OS DOUS PUNTOS NA SÚA SAÍA A MOAÑA.

Na primeira parte do encontro, o equipo local mantivo o tipo, e a partir do minuto 16, o equipo do Balonmán Culleredo Baía Edicións comezou a dominalo encontro con comodidade. A defensa do Moaña, non estaba acertada e as accións ofensivas do Culleredo, remataban case sempre en gol, chegando ó descanso cunha diferenza de 3 goles (9-12).

Na segunda parte as cullerdenses chegaron a poñerse a 4 goles pero nos 10 últimos minutos, as de Moaña parecían achegarse no marcador nun pequeño baixon defensivo das visitantes.

O Balonmán Culleredo ben posicionado , mermado de trocos, foi capaz de poñerse por diante no marcador e manterse ata o asubio final.

Unha victoria importante para o culleredo que segue manténdose nos postos medios da táboa clasificatoria.

BALONMÁN MOAÑA 17 (9+8): Carlota Lorenzo Garcia, Eva Abraldes Argibay (5), Ines Suarez Fernandez, Carla Soliño Martinez (6), Uxia Hermelo Veiga (4), Julia Sanclemente Pousa (1), Noa Rios Rosendo, Alba Otero Dacosta (1), Ainhoa Rodriguez Vidal ,Aisha Juncal Chapela , Uxia Perez Rosales

BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 22 (12+10): Aroa Barbeito Casas, Carla Bello Lopez (1) ,Marina Rodriguez Fernandez (7) , Carla Muiño Cancela (3), Aroa Garcia Pena , Sofia Gerpe Insua (2), Noa Insua Gomez (4), Leire Barbeito Casas (4) , Paula Peteiro Vazquez (1) , Valentina Martinez Fiuza, Paula Vidal Rouco

Parcial Cada 5 Minutos: 2-2/6-4/6-6/6-8/8-10/9-12 Descanso 9-13/12-15/13-16/16-18/16-19/17-22 Final

Colexiados: Ania Lampón Santos e Julio Villanueva Pérez. Excluiron a Carla Soliño catro minutos e a Ainhoa Rodriguez dous minutos polo equipo local. Por parte do equipo visitante dous minutos a Sofia Gerpe

Incidencias:13ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de o Rosal.Con 20 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - ASMUBAL MEAÑO 38-28

CORETI LALÍN - B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO 35-10

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE - BM CASELAS 27-23

BALONMANO PORRIÑO "B" - AACLINIC BM PABELLÓN 32-24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *