Saltar ao contido

ESTREO FALLIDO PARA O BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O equipo cadete femenino desprazábase a terras lalinenses a disputala primeira xornada da segunda fase pola loita polo título da competición.

Logo dunha primeira parte cun ritmo lento onde os dous equipos tiña erros ofensivos, a balanza non se declinaba hacia ningún lado.

O marcador no minuto 10 aínda mostraba un 3-3 e chegados os minutos finais da primeira parte, onde o equipo cullerdense comezou a facer accións de xogo individuais , atopando ocos necesarios para chegalo remate da primeira parte cunha ventaxa de 4 goles sobre o equipo de lalín. (7-11).

Trala reanudación da segunda parte, as cullerdenses sufriron unha desubicación no terreo de xogo e as de Lalín aproveitaron o tirón ata empatalo partido os 9 minutos do comezo. A partires de ahí, e cambiando os sistemas defensivos ámbolos dous equipos, levou as de peder o equipo cullerdense , que via coma o equipo local íase forxando unha pequena ventaxa que lle valdría para levarse a victoria.

Xa con todo vendido, o Fisioterapia Benestar aínda seguía queimando cartuchos e intentou recortar a desvantaxa ata os últimos intres. Poderiamos falar de que se o encontro durase un pouco máis, poderiamos ver un empate no marcador.

Esta segunda fase na que se atopa o equipo do Balonmán Culleredo vai resultar máis competitiva ca anterior, xa que, os equipos pelexaran por unha única praza para a final four.

CORETI LALÍN 25 (7+18): Marta Silva Plaza, Carmen Taboada Batan , Nerea Rodriguez Iglesias , Mariña Casal De La Fuente (2), Sabela Ferradas Rodriguez, Nadia Perez Troitiño (7), Laura Jimenez Crespo (1), Xiana Pereira Gaiteiro (7), Cristina Rodriguez Aller, Xiana Corredoira Otero, Lucia Garcia Gonzalez, Marta Montoto Alonso (6) ,Natalia Torres Crespo, Natalia Paz Hoyos, Maria Villamarin Silva (1)

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 22 (11+11): Carla Muiño Cancela (5), Lucia Ines Cortegoso Rey, Carla Corral Quian (4),Aroa Barbeito Casas, Maria Bescansa Alcoba (1), Leire Barbeito Casas (2), Paula Peteiro Vazquez (1), Lua Fernandez Nuñez, Valentina Martinez Fiuza (3),Aroa Garcia Pena ,Sara Fraga Fraga, Irene Rodriguez Fernandez (4), Antia Ferreño Fernández

Parcial Cada 5 Minutos:2-2/3-3/5-3/5-5/6-9/7-11 Descanso 12-13/14-14/16-15/18-19/23-20/25-22 Final

Colexiados: Iván Hernández Couto e Renzo Martín Díaz Carro . Excluiron dous minutos a Mariña Casal , Marta Montoto, Xiana Corredoira polo equipo local e a María Bescansa, Irene Rodriguez polo equipo visitante

Incidencias: 1ª Xornada da Liga de Prata 2ª fase, celebrada no Pavillón Municipal Lalín Arena, con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

ASMUBAL MEAÑO - OPTICA STUDIO BM. CANGAS 28-28

S.D. TEUCRO CLINICA VETERISAUDE - TUBASYS XIRIA 30-27

COOLSPORT BM PABELLÓN - PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 11-21

SAR RODAVIGO B - OS DO COUTO BM CAÑIZA 30-16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *