Saltar ao contido

O ABOGACIA CANOSA SUMA PUNTOS FORA DA CASA

Victoria a domicilio das nosas rapazas do Abogacía Canosa nun partido dominado por elas de principio a fin.

Comezaba o encontro o Abogacia Canosa superando a defensa 3:3 moi presionante do Carballal , o pase e vai e os desmarques sen balón as claves para superar esta defensa tan adiantada. As nosas tamén cun sistema 3:3 pero menos presionante conseguian roubar balóns e propiciar pérdidas de balón ao equipo local .

Co paso dos minutos o Abogacia Canosa ia sumando e aventaxando pouco a pouco ao equipo local no marcador , ainda de malgastar sendos 7 metros e accións de 1x0 claras de gol o equipo conseguia unha ventaxa de 7 goles o descanso , grazas a esforzo colectivo na fase defensiva.

Na segunda metade o Carballal foi aprentando moito máis ainda así o Abogacia Canosa comandado no central por María Otero que apenas tivo pérdidas de balóns e foi capaz de organizar o xogo con tranquilidade , conseguian seguir cunha boa ventaxa no marcador parar asi chegar con algo máis de tranquilidade os minutos finais que aindas así o Carballal chegou a apretar moito máis para forzar o erros cullerdenses pero as nosas non se aminilanaron e puideron conseguir unha victoria que da folgos para seguir traballando con ilusión .

Bó partido das nosas que siguen competindo unha xornada máis . Toca seguir traballando esta semana que non hai competición polo parón dos carnavais.

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : A.D CARBALLAL 20 - ABOGACIA CANOSA BM CULLEREDO 24

ABOGACIA CANOSA BM CULLEREDO : Sara Fernández, Lucía Lopez (3), Alicia Pérez(1),Thais Villaverde, Claudia Soto(6), Antia Ferreño(2), Alba Fernández(2), Nadia Martinez, Irene Rodriguez(10).

A.D CARBALLAL: Olga Tejerina, Andrea Fernández, Estela Ogando , Patricia Teijeiro(14), Olalla López(5), Sabela Alvarez, Zoe Seijas, Sira Loureiro, Marta Seoane, Iria Alonso.

PARCIALES CADA 5`: 2-4/6-7/7-9/7-11/8-15/12-17/14-19/15-21/17-23/20-24

ÁRBITROS: Diego Rivera.

INCIDENCIAS: Xornada 12 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón. municipal de Loureiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *