Saltar ao contido

O TRABALLO É INNEGOCIABLE PARA COMPETIR

Os 2 puntos quedanse en Almeiras grazas a capacidade goleadora do Nosolomadera nun partido competido durante os primeiros 15 minutos pero que despois romperiase a favor dos cullerdenses.

Comenzaba o encontro contra o Lavadores de Vigo moi igualado , na fase defensiva o culle non encontraba o axuste perfecto e o Lavadores forzaba moi ben os 1x1 nos laterais conseguindo goles ou accións de perigro ante a defensa 5:1 cullerdense. Na fase ofensiva o culle ainda que impreciso en certos lanzamentos de cara o gol , o equipo seguía sumando accións claras de gol que eran capaces de transformar . Xusto nos últimos 5 minutos o equipo local puido abrir brecha no marcador cun parcial de 7-2 onde rompiu totalmente o encontro .

O descanso 20-13

Na segunda metade o Nosolomadera non estivo nada acertado de cara a fase defensiva xa que seguia a sufrir nas accións de 1x1 nos segundos, e tamén sufria na zona central defensiva. Isto era un handicap moi grande de cara o encontro porque ainda que o equipo estaba a conseguir goles rápidos individualmente non era capaz de axustar o bloque central defensivo e a maiores na fase ofensiva a cohesión no ataque colectivo non era a adecuada xa que como diciamos o xogo era máis individual que colectivo .

Resultado final 47-31.

Toca seguir traballando no axustes tanto defensivos como ofensivos de manera colectiva , ese e o camiño a seguir .

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Jorge Amor, Hugo García, Adrián Aneiros(3), Hugo Bermúdez (4),Xoán Canedo (6), Xoán Seoane(4), Jairo Candamio (12), Teo Gómez(9),Alexis Martinez(3), Diego Rodriguez(3), Hugo Bregua (3).

U.B LAVADORES: Xavi Suarez, Diego Rodriguez(7), David Comesaña(7),Hugo Cabido (2), Tiago Oterino(2), Xian Bouzo(7), Martin Hermida(4), Sergio Garcia, Ismael El Amrani, Mateo Cernadas.

PARCIALES CADA 5`: 3-2/6-5/10-8/13-11/20-13/25-16/29-30/34-21/41-26/47-31

ÁRBITROS: PABLO TORREIRO

INCIDENCIAS: Xornada 12 da liga de Ouro infantil masculina disputada no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *