Saltar ao contido

NADA PUIDO FACER O BALONMÁN CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS FRONTE O LÍDER

Tan só 10 minutos puido aguantar o equipo do Baía Edicións fronte o líder da táboa clasificatoria.

Un bo comezo por ámbolos dous equipos, onde o culleredo, loitaba defensivamente e atopábase cómodo no campo, aguantado o tirón con accións rápidas de contragol. Pero, quizais arriesgou demasiado e unhas perdas de balón case na metade do campo, valeron para que o Brigantium se lucrase dese regalo sen contar, xa que estaba a pasar apuros para atoparse con ocos na portería local.

A partir de ahí, o culleredo baixou a intensidade de xogo e afrontou unha segunda parte costa arriba. A concentración mantida na defensa, disipouse co desenrolo do encontro e comezou abrir pequenos ocos na súa defensa aproveitados polo equipo rival.

Na parte do ataque o Brigantium, cambiou a estratexia, e aproveitou os saques do centro para meter ritmo o seu ataque e coller de improvisto o culleredo, ca apenas non tiña tempo de resposta. Aínda asi , cada vez co Brigantium facía algún ataque estático, tiña os mesmos erros de pase co Baía Edicións , a contrapartida era co equipo local non soibo aproveitarlo perdendo o balón de novo ou faiando o lanzamento a portería.

Hoxe o equipo local non deu a súa mellor versión, pero segue a manterse partido a partido a pesar de ter un equipo mermado de xogadoras e varias lesións aínda en proceso de recuperación.

Bm Culleredo Baía Edicións 20 (10+10): Aroa Barbeito Casas , Carla Bello Lopez (6), Marina Rodriguez Fernandez (3), Maria Bescansa Alcoba (6), Sofia Gerpe Insua (2), Noa Insua Gomez (1), Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vazquez (2), Valentina Martinez Fiuza, Aroa Garcia Pena, Paula Vidal Rouco

Bm. Brigantium Nunegal 31 (15+16): Natalia Mendez Vazquez (10), Sara Fuentes Rodriguez (5), Lara Cal Rodriguez (1), Martina Regueiro Insua (1), Yaiza Cillero Seijas (2), Andrea Piñeiro Riveiro (3), Sandra Rodriguez Lopez, Azucena Reboredo Martinez (3), Uxia Gonzalez Fernandez , Marta Rodriguez-Tubio Blanco ,Lucia Barreiro Freire (1), Natalia Martinez Garcia (3), Mara Rodriguez Rioboo, Lucia Lema Corral (2)

Parcial Cada 5 Minutos: 3-2/5-4/5-7/5-8/7-11/10-15 Descanso:12-20/14-22/16-25/18-26/19-28/20-31 Final

Colexiados: Angel Mateos Alonso e Marcos Pombal Martinez excluiron a Marina Rodriguez dúas veces dous minutos

Incidencias: 12ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no pavillon municipal de almeiras.Con 50 Persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

ASMUBAL MEAÑO - CORETI LALÍN 19-36

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 18-27

BM CASELAS - BALONMANO PORRIÑO "B" 19-18

AACLINIC BM PABELLÓN - BALONMÁN MOAÑA 37-27

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *