Saltar ao contido

Cara e cruz para Ascor Consulting e Cristalería Gestal

Tiñan esta mañá os equipos alevíns Cristalería Gestal e Ascor Consulting difíciles partidos fronte ao Garaysa Xiria e o ALS Xiria respectivamente.

Daban comezo á xornada da mañá en Almeiras as rapazas do Cristalería Gestal, que tiñan como reto facerlle frente ao equipo conta todos os cuartos xogados esta tempada por vitorias. O comezo non era o esperado, coas nosas descentradas e lentas, pero os rivais tamén estaban cometendo máis erros do habitual e iso facía que o 1º cuarto fose moito máis igualado, acadando o Garaysa Xiria a vitoria final nos derradeiros segundos tras un erro das cullerdenses. Nos seguintes 3 cuartos veríase un partido moi diferente, coas nosas xogadoras aínda descentradas e un Garaysa Xiria que xa despertaba e comezaba a facernos moito dano, aproveitando cada pérdida das nosas para distanciarse no marcador. Unha mágoa o resultado final, sabendo as capacidades reais deste grupo de nenas que nos teñen acostumados/as a facer verdadeiros partidazos.

O partido do Ascor Consulting contra o ALS Xiria non perigou en ningún momento, véndose a un moi sólido equipo cullerdense que controlaba o partido, con ataques moi rápidos presionando moito en defensa, buscando roubar e xerar pérdidas rivais. A pesares do bo xogo dos nosos, por momentos o verse tan seguros de sí mesmos xogábanos malas pasadas, arriscando máis do habitual na presión e permitindo algún que outro gol sinxelo para os rivais. Nos derradeiros 2 cuartos o Ascor Consulting seguiría na súa liña, sen embargo a extrema dureza defensiva dos rivais, que se vían superados polos xogadores cullerdenses, comezou a facer mella nos nosos que se frustraban ante os contínuos golpes e empuxóns do ALS Xiria. A pesares do frustrante que poida ser para os rapaces, é sen dúbida unha proba necesaria para poder aprender a manexalas emocións e seguir progresando como xogadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *