Saltar ao contido

O Sutenor demostra que se pode competir incluso nun mal día

Despois dos bos partidos das anteriores xornadas, chegaba o Bm Culleredo Sutenor a este encontro fronte ao Liceo La Paz moi motivadas e con ganas de gañar trala derrota do partido de ida.

Comezaban moi enchufadas as nosas, con potencia no 1x1 e xogando moi ben sen o balón, chegando con claridade á portería rival. Na fase defenvisa a presión das cullerdenses era unha dor de cabeza para as visitantes, que vían como conseguíamos roubar numerosos balóns,pero a precipitación e as présas facíannos perdelos de forma inmediata. Entrábamos agora nuns minutos de desconexión total, dende o minuto 10 ata o 20 o equipo estaba irrrecoñecible, estático e pasivo, sen embargo manteríamos o empate gracias ás boas intervención de Sara Bello na portería. Un pequeno arreón nos derradeiros 5 min do 1º tempo permitíannos irnos 2 arriba ao descanso.

Daba comezo a segunda parte con un equipo implicado, concentrado e solidario, que conseguía recibir tan só 4 goles nos primeiros 10 min e roubar unha gran cantidade de balóns que nos permitían sair con velocidade ao contragolpe. Caería de novo o equipo nuns minutos de desconcentración total, perdendo balóns sen motivo, pasivas e dubidativas, encaixando nestos case 9 minutos un 3-8 favorable ás visitantes que aproveitaban todos e cada un dos nosos erros. Tocaba buscar unha última reacción e morrer loitando polo partido, indo 2 abaixo no marcador a falta de 5 min, polo que pasou o equipo a unha defensa individual a todo o campo para buscar o roubo de balón, xerar dúbidas e aproveitarnos do cansancio das visitantes, sendo todo un éxito cun parcial de 5-0 que poñía o marcador final cun 25-22.

Partido gris das nosas rapazas, que a pesares das desconexións que houbo, demostraron que cando queren poden ser un gran equipo e son capaces de competir ata o final incluso nun mal día.

Bm Culleredo Sutenor: 25 (12+13) Sara Bello (P), Eva (1), Sara Villar, Aitana, Helena (5), Adriana (3), Noa (14), Uxía, Inés, Luana, Antía (1), Cintia (1).

Colegio Liceo La Paz: 22 (10+12) Daniela (P), Rachel (7), Sofía (1), Candela, Martina (2), Valeria, Lola (12).

Resultado cada 5 minutos: 3-1 / 5-3 / 7-6 / 8-8 / 12-10 / DESCANSO / 14-11 / 17-14 / 19-19 / 20-22 / 25-22 / FINAL

Árbitros: José Miguel Martínez Fiuza, acertado durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *