Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, LOGRA A SÚA CUARTA VITORIA CONSECUTIVA

O BM.Culleredo Remax Riazor, continua coa súa boa dinámica e traxectoria ascendente e impúxose a domicilio na pista do BM.Ribadosar.
A vitoria dos cullerdenses fraguouse nunha segunda parte onde o equipo subíu o listón da intensidade na súa retagarda, feito que facilitou a recuperación de varios balóns, rematando a faena e abrindo brecha no electrónico grazas aos numerosos contraataques. Anteriormente, nos primeiros trinta minutos, o equipo de Culleredo mostrouse excesivamente brando en tarefas defensivas. O mal posicionamento e a falta de axudas ante a ineficacia nas accións de 1x1, favorecía o xogo do conxunto local, que dominaría este primeiro acto durante vinte e cinco minutos (10-8), momento no que o BM.Culleredo Remax Riazor, conseguiría un 2-5 de parcial cun cambio de sistema defensivo para liderar o envite ao descanso pola mínima (12-13).
Como sinalabamos con anterioridade, a segunda parte foi moi distinta e xa desde os primeiros minutos, a eficacia defensiva e a velocidade ao contragolpe, terminaría por abrir unha brecha no encontro insalvable para os locais.
Con estes dous puntos, o BM.Culleredo Remax Riazor reafirma o seu bo momento e espera con ambición as tres xornadas restantes para seguir escalando posicións e asentarse na parte alta da táboa.

BM.Ribadosar: 25 (12+13). Alberte Xesús Nercellas, Alejandro Hermida (2), Airas Xuncal (2), Alex Graña (8), Gabriel Torea (2), Mateo Mosquera (2), Erik Molina, Pedro Sarrapio (8), Brais Ledo, Xulián Díaz, Gonzalo Durán (1), Daniel Campo, Jesús Mosqueira.

BM.Culleredo Remax Riazor: 35 (13+22). Rubén Gantes (P), Adrián López (P), Matías Teixeiro (2), Fabián Manzo (1), Bruno Pardo (4), Lucas López (1), Jorge Outón (5), Iago Vázquez (4), Iago Allegue (2), Pablo Ares (2), Mario Sánchez, Álvaro Siso (7), Diego Piñeiro (6).

Parciais cada 5´: 4-2 / 5-4 / 7-7 / 9-8 / 10-8 / 12-13 / Descanso / 14-17 / 17-20 / 19-24 / 21-27 / 24-31 / 25-35 / Final.

Árbitro: Martín Rodríguez.

Incidencias: Xornada Nº 11 da liga Prata en categoría cadete masculino. Partido disputado no polideportivo Quiroga Palacios cunha gran afluencia de seguidores de Culleredo, os cales, non deixaron de animar en ningún momento ao seu equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *