Saltar ao contido

Moi bo partido do Climanosa nun duro desprazamento

Comezaba nesta mañá do sábado o Bm Culleredo Climanosa a fase polo título da Liga Prata infantil masculina desprazándose a Pontevedra, para desputar un partidazo nunha pista tan icónica como é o Municipal.

Como rival para esta primeira xornada teríamos ao primeiro equipo infantil do Cisne, un duro rival para comezar, pero era un reto que os nosos afrontaban con moita ilusión. A igualdade no marcador era máxima nos primeiros 15 minutos de xogo, con alternancias no marcador e con 2 equipos amosando bo balonmán. O ataque cullerdense, a pesares de non ter tanta velocidade como nos encontros anteriores, sí tiña claro cal era o camiño ao gol e pouco a pouco fomos atopando ocasións claras de gol e poñendo en problemas contínuos aos locais. A nivel defensivo, a pesares do bo traballo colectivo, os despistes puntuais permitíanlle ao Cisne manterse co marcador igualado. Romperíase o partido nos derradeiros 10 minutos desta primeira parte, coa entrada dun xogador moi forte no 1x1 e con un físico moi superior aos nosos, que conseguía en accións individuais rompelo noso entramado defensivo e poñer aos locais 4 arriba ao descanso.

Xa na segunda parte víase a un Culleredo que saía a morder, con ganas de facer perigala vitoria local e pelexar por levarse os 2 puntos de volta a Culleredo. Cunha defensa máis agresiva, presionando xa na media pista e máis contundente; conseguían os nosos roubar múltiples balóns que nos permitían subir con velocidade ao contragolpe.

Despois deste bo arranque de partido, terían os nosos 5 minutos nos que a precipitación por intentar apretalo marcador xogaba na nosa contra, con 4 pérdidas de balón e algún que outro lanzamento claro fallado permitíamoslle ao Cisne collela máxima renta do encontro e poñerse 9 arriba. Tras esta desconexión dos nosos, conseguíamos calmarnos, centrarnos de novo no noso traballo e facer un final de partido moi bo a nivel ofensivo, pero sufrindo a nivel defensivo pola superioridade do xogador local Xoel Lago.

Noraboa rapaces, este é o camiño para seguir crecendo como xogadores!

Cisne Colegio Los Sauces: 32 (15+17) Sergio (P), Antonio (3), Pablo Erselle, Martín (2), Diego, Nicolás Montoya, Luís (3), Noel, Carlos (4), Pablo Huertas, Xián, Matías (10), Simón (3), Xoel (7), Nicolás Vidal.

Bm Culleredo Climanosa: 27 (11+16) Hugo (P), Iago (P), Iván (7), Antón (2), Alejandro (9), Pablo (1), Isaac (3), Martín (3), Lucas, Diego, Xoel, Guillermo (1), Javier (1).

Resultado cada 5 minutos:  1-2 / 3-5 / 5-8 / 7-10 / 10-12 / DESCANSO / 12-18 / 17-23 / 20-28 / 23-32 / 25-35 / FINAL

Árbitro: Jonathan Rodríguez, moi correcto durante todo o encontro e acertado nas decisións clave.

Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada do grupo polo título da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *