Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Nova xornada de balonmán, con menos partidos dos habituais polos aprazamentos dalgúns encontros e o momento de transición de fases de competición en parte das nosas categorías.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS COLEGIO LICEO LA PAZ

O Sutenor afrontará este domingo ás 12:45 en Almeiras un duro encontro fronte ás rapazas do Liceo, donde se espera un partido moi igualado ata os intres finais.

A labor defensiva das cullerdenses será a clave para que os 2 puntos poidan quedarse na casa neste partido de volta.

(IF) FARO DE VIGO CARBALLAL VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

O Abogacía Canosa visita unha pista moi compricada como é O Loureiro, enfrente e defendendo esa pista estará o Carballal, equipo da zona alta da clasificación.

As nosas, sen complexos, buscarán dar sorpresa e levarse unha alegría.

(IM) CISNE COLEGIO LOS SAUCES VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O sábado ás 11:30 no Multiusos da Xunqueira, afrontará o Climanosa o primeiro e duro compromiso desta 2ª fase polo título da Liga Prata. O rival será un clásico como é o Cisne, un rival de categoría fronte ao cal os nosos rapaces deberán de dar a súa mellor versión se queren poder competir ata o final.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS U.B. LAVADORES VIGO

O Nosolomadera recibe o Lavadores, equipo da zona baixa da clasificación, que está a mellorar moito e buscará dar a sorpresa en Almeiras. O equipo cullerdense quere os dous puntos para poder desmarcarse da zona media e poder ir pouco a pouco optando a algo máis.

(CM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Os nosos cadetes do Remax viaxan a Santiago a enfrentarse de novo contra o Ribadosar, equipo que nos fixo sudar a gota gorda no partido de ida en Almeiras. O equipo cullerdense está en boa dinámica e quere loitar por continuar así.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BM BRIGANTIUM NUNEGAL

O Pavillón de Almeiras prepárase para o domingo 12 ás 18:30 para recibir ó lider da táboa clasificatoria da Liga Prata.

O Brigantium, non cederá os dous puntos tan fácilmente. O Bm Culleredo Baía Edicións fortalecido nesta segunda rolda polo seu espíritu loitador, está deixando ,resultados inesperados fronte a rivais aparentemente favoritos.

É o derbi comarca,l que de seguro estará apoiado pola afección de ámbolos dous equipo. Espérase unha boa entrada.

(XM) BM LÍNEA 21 A21C CELULOSAS VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O próximo domingo ás 11 no pavillón de novo Mesoiro, os nosos xuvenís de liga prata afrontarán o derradeiro encontro da primeira fase. Xa cos deberes feitos, posto que somos primeiros a oito puntos do segundo polo tanto, xa clasificados para a segunda fase, terán coma obxectivo mellorar o xogo da xornada anterior e rematar invictos.

(SM) GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL BM VS BM CULLEREDO

O BM.Culleredo viaxará o vindeiro domingo a Vigo para enfrontarse ao Granitos Ibéricos Carballal BM na xornada 14 da 1.ª autonómica Masculina. O partido, que se disputará no pavillón municipal de Carballal, é de suma importancia para un BM.Culleredo que despois da gran vitoria da pasada semana ante o Hospital Capilar Poio Artai, necesita sumar de dous en dous para seguir o ronsel do líder Porriño. A tarefa non será sinxela ante un conxunto que aumenta moitísimo as súas prestacións cando actúa como local e que xa conseguÍu vitorias importantes no seu feudo como foi a lograda ante o actual líder da categoría. A imaxe ofrecida en defensa a pasada semana, será de novo o punto de partida para un BM.Culleredo que se atopa nun bo momento e desexa continuar con esta dinámica positiva e ascendente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *