Saltar ao contido

O bo traballo do Sutenor da os seus froitos

O pasado sábado afrontaron as nosas infantís do Bm Culleredo Sutenor o partido de volta fronte ao Balonmán Xallas, chegando as nosas ao partido nun moi bo momento de xogo.

Comezaba o partido con moitas imprecisións por parte das nosas xogadoras en ataque, tendo numerosas pérdidas que o Xallas non conseguía aproveitar. Comezaban entón as nosas a meterse no partido, con máis claridade en ataque contra a 5:1 das xalleiras e con boas accións defensivas que eran acompañadas das intervencións de Sara Bello na portería, acadando desta forma unha ventaxa de 4 goles. Polo minuto 15 desta primeira parte tiña que retirarse Adriana, xogadora relevante no ataque das nosas e xunto aos erros de lanzamento impedíannos aumentala vantaxe ao descanso, mantendo o +4.

Xa na segunda parte correxíamos os erros ofensivos da primeira parte, pero estábamos a sufrir moito no 1x1 coa central xalleira que nos superaba constantemente e chegaba ao gol co seu lanzamento na saída tanto ao punto forte como ao débil. A pesares de todo conseguíamos solventar esta situación con máis axudas e correxindo a nosa posición defensiva no 1x1 e manteríamos durante algo máis de 10 minutos unha vantaxe de 6 goles. No tramo final do encontro, cun último arreón do Xallas e a desconexión de parte das nosas conseguían roubarnos múltiples balóns  e apreatalo resultado aos tan só 3 goles de diferenza que marcaba o electrónico ao remate do encontro.

Bo partido das nosas que a pesares dos erros en certos momentos do partido, saben mantela calma e seguir co traballo plantexado ata o final para levarse 2 puntos nun partido no que fomos quen de dominar.

Balonmán Xallas: 27 (10+17) Noa, Noelia (2), Alison (6), Sara Pensado, Nerea, Sara Souto, Isabella (1), Xiana (17), Amanda, Ariadana (1).

Bm Culleredo Sutenor: 30 (14+16) Sara Bello (P), María (8), Eva (2), Sara Villar, Aitana (4), Helena (2), Adriana, Noa (13), Uxía (6), Inés, Luana, Antía, Cintia.

Resultado cada 5 minutos: 1-2 / 2-6 / 5-9 / 7-10 / 10-14 / DESCANSO / 14-18 / 17-23 / 19-25 / 22-28 / 27-30 / FINAL

Árbitros: Francisco Leira.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *