Saltar ao contido

Un gran Climanosa en Santiago acada a 2ª praza

Afrontaba o Bm Culleredo Climanosa este domingo en Santiago a derradeira xornada da Liga Prata, coa 2ª praza en xogo.

Daba comezo o encontro con unha clara superioridade dos nosos en ataque, que tiñan moi claro o traballo que debían realizar para superala defensa rival, chegando con relativa facilidade a situacións claras de gol, pero os erros de lanzamento non nos permitían distanciarnos no marcador. Na fase defensiva comezamos moi sólidos, sen embargo o potente lanzamento exterior e o tamaño do seu lateral esquerdo estaban a darnos problemas que conseguiríamos solucionar con un bo traballo colectivo en defensa e a boa lectura dos lanzamentos e as intervencións de Hugo Nodar en portería. Remataba a 1ª parte coa mesma tónica en ataque, sabéndonos superiores pero errando na finalización e con un novo problema defensivo á hora de defender ante a transformación do seu lateral dereito, chegando ao descanso 2 goles abaixo.

Tralo paso polos vestiarios víase a un Climanosa moito máis sólido en defensa, solventando os erros do 1º tempo e conseguindo roubar numerosos balóns que nos permitían correr e ter situacións claras de gol, facendo un parcial favorable de 2-6.

Non cambiaría a tónica ao longo da 2ª parte donde a partires dunha boa defensa éramos quen de subir o contraataque tanto directo como en 2º oleada para chegar con velocidade e forza a situacións claras de lanzamento e aumentando a diferenza ata o +10 final.

Sen dúbida un partido excepcional do Climanosa que remataba o encontro cunhas sensacións excelentes e reecontrándose coa súa mellor versión.

Bm Ribadosar: 25 (10+15) Alejandro (7), Brais, Damián, Martín, Zoltan, Nicolás, Jose (1), Mattias, Jacobo (9), Iago (7), Queitan (1), Yago, Héctor, Martín, Manuel.

Bm Culleredo Climanosa: 35 (12+23) Hugo (P), Iván (10), Mauro (2), Antón (4), Alejandro (4), Pablo (3), Isaac (8), Martín (4), Lucas, Xoel.

Resultado cada 5 minutos:  1-2 / 3-5 / 5-8 / 7-10 / 10-12 / DESCANSO / 12-18 / 17-23 / 20-28 / 23-32 / 25-35 / FINAL

Árbitro: Francisco Leira.

Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *