Saltar ao contido

O BAÍA EDICIÓNS, TRATA DE PLANTAR CARA O SEGUNDO CLASIFICADO DA LIGA DE PRATA CATEGORÍA XUVENIL FEMENINO

Logo de perder en terras cullerdenses por 9 goles na primeira rolda, e vendo a clasificación actual, o Baía Edicións non viaxaba a terras lalilenses con moitas opcións de traer dous puntos para o seu casilleiro.

Unha primeira parte con opcións para ámbolos dous equipos. De feito, ata case rematala , o Lalín non conseguía distanciarse no electrónico.

O Coreti Lalín, chegaba a ésta cita, coma segundo clasificado da competición da Liga de Prata.

As cullerdenses mermaron as enerxías o último cuarto de hora do encontro fronte a un rival que tardou en ubicarse na pista, tanto en ataque coma en defensa.

A falta de xogadoras por ámbolos dous equipos, mantiñan un ritmo constante do encontro controlado, evitando lesións inecesarias.

O baia edicions sufreu para anotar cada gol. Os erros, perdidas e falta de fluidez no xogo de combinación pesaron demasiado e o lalin atopou unha ventaxa suficiente acorde co que estaba a acontecer no encontro.

Unha derrota dolorosa para o equipo visitane pero, matizable debido a esas baixas cruciais en posicións clave.

O Bm Culleredo, xa comenzou a sufrir na segunda parte , sobre todo en defensa, xa co equipo non se atopou nunca cómodo, nin dispuxo de opcións claras para anotar con fluidez. Os dez goles anotados na primeira parte, foi un resultado moi pobre para o esforzo que estaban dando en ataque.

O Lalín custoulle atopar espacio en accións combinativas e só as individuais salvaron a cara.

A defensa do equipo local, apretando incluso máis o 6:0 ,convertiuse case nun muro insalvable para as cullerdenses . Quizais por mor de todas estas circunstancias o desgaste foi crecendo e mermando as opcións de victoria para as visitantes.

A mínima diferenza acadada polo equipo local lle valeu de respiro, xa que, o encontro volveuse un pouco máis tolo, o que non beneficiou o Culleredo , que buscaba a remontada.

Non foi suficiente o esforzo do Culleredo e o Lalín alcanzou pronto os 4 goles de ventaxa , perdendo o choque intensidade e emoción para confirmala derrota do Culleredo nun encontró.

CORETI LALIN 24 (12+12): Laura Cacheda Fernandez, Cora Pereira Seda , Claudia Novoa Mariño , Lidia Sanda Alvarez (3), Martina Carral Ares,  Micaela Lujan Corrales Costa (5), Aldara Ramos Toubes (1), Carla Fernandez Alvarellos (9), Alba Lopez Estevez (2), Maria Mariño Baca, Iria Sierra Pereira (4),  Amalia Taboada Gonzalez, Lucia Arias Gomez

BM CULLEREDO BAIA EDICIONS 20 (10+10):Aroa Barbeito Casas ,Carla Bello Lopez (8),  Marina Rodriguez Fernandez (4), Carla Muiño Cancela  ,Aroa Garcia Pena , Maria Bescansa Alcoba (3),  Sofia Gerpe Insua( 2), Noa Insua Gomez (2),  Paula Peteiro Vazquez,  Valentina Martinez Fiuza (1), Paula Vidal Rouco

Parcial Cada 5 Minutos: 1-1/4-4/6-6/8-8/11-8/12-10 Descanso 14-11/17-13/18-15/20-16/21-16/24-20 Final

Colexiados: Incidencias: Raquel Martinez Pita, David Paz Hermida catro minutos a Carla Bello e dous minutos a Noa Insua polo equipo visitante.

12ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Lalín.Con 20 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BALONMÁN MOAÑA - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 14-24

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE - ASMUBAL MEAÑO 29-37

BALONMANO PORRIÑO "B" - B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO 37-13

AACLINIC BM PABELLÓN - BM CASELAS 18-28

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *