Saltar ao contido

O XM Óptica Gallaecia cede o primer punto da tempada.

Este domingo, o XM de liga prata recibía na casa ao Bm Viveiro, equipo segundo clasificado na táboa e un rival duro de roer. Os nosos tiñan coma obxectivo nesta xornada, seguir invictos e mellorar o xogo amosado en Narón no encontro anterior.

No comezo do partido, os nosos saían moi espesos e sen intensidade, o que o Viveiro aproveitou para dominar en todas as facetas do xogo e obtendo rendas no electrónico de ata 5 goles. Os cullerdenses foron a remolque estos trinta minutos, nos que as precipitacións e os desaxustes defensivos marcaron a tónica xeral.

Na segunda metade e tras un toque de atención, os nosos saían con outra cara e con maior motivación que nos minutos anteriores, obtendo o seu primeiro parcial positivo que nos permitía acercarnos no electrónico, malia iso, o Viveiro, cheo de orgullo e con sede de victoria, non nos deixaría empatar o encontro ata o minuto vinte desta segunda metade. O partido amosaba cambiar de dirección, un tanto a favor dos nosos nos daba a victoria momentánea, pero neses últimos cinco minutos e con todas as posibilidades de levarnos o encontro, as precipitacións volvían a aparecer, e nun último despiste defensivo, o Viveiro cun lanzamento directo de falta, anotaba o último tanto do encontro que daría o xusto empate entre ambos conxuntos.

Partido para reflexionar do que sempre se apreden leccións. Seguimos no camiño. A semana que ven, tocarános visitar a pista dos veciños de Novo Mesoiro, o Linea21, na última xornada desta fase ligueira, onde os nosos terán o último exame antes de comezar a segunda fase.

FORZA OPTICAGALLAECIA!!! FORZA CULLE!!!!

Bm Culleredo ÓpticaGallaecia 26-26 Bm Viveiro

GOLES:

Culleredo: Lucas 9, Diego del Río 8, JuanFran 3, Bruno 3, Pablo Fariña 1, Aarón 1, Nico Vazquez 1, Juanma, Javi, Antón, Alvarito, Adrián Pestonit, Diego Sala, Xoel, Félix.

Viveiro: Pablo Piñón 8, Eneko García 5, Jose Juan Fernández 4, Mael Pérez 3, Edgar Durán 3, Gabriel Mariño 3, Martín Gómez, Manuel Vázquez, Gabriel Mariño.

PARCIAIS CADA 5':

2-3/ 3-5/ 4-8/ 6-11/ 9-12/ 10-15/ descanso/ 14-16/ 16-17/ 21-20/ 21-21/ 25-25/ 26-26/ final.

ARBITRAXE:

Martina Regueiro e Uxía Mariño.

INCIDENCIAS:

Penúltima xornada da primeira fase de liga prata, desputada no municipal de Almeiras con máis dun centenar de siareiros do Culle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *