Saltar ao contido

Sufrida e traballada victoria en Carballo do GalaicoCaravaning.

A pasada fin de semana, os cadetes de liga prata do balonman Culleredo, o Galaico Caravaning, tocáballes erguerse cedo o domingo para afrontar outra xornada ligueira. Esta vez tocou desprazarse ata Carballo, onde nos recibiría o Xiria na fantástica cancha do Vila de Noia.

O nosos, que seguen medrando e mellorando o seu xogo xornada tras xornada, afrontaban este encontro con moitas gañas e coa convicción necesaria para traer de volta os dous puntos a Culleredo.

O partido comezaba de cara para os cullerdenses, sempre dominando no marcador pero con certas lagunas defensivas e pouca contundencia, non conseguiron afastarse no marcador ata o minuto vinte e cinco. O noso ataque funcionaba ben, traballando a continuidade de balón xeraban boas conexións ca nosa segunda liña, facendo efectivos os lanzamentos. Rematabamos así esta primeira metade cun resultado máis que favorable de 13-20.

Na segunda metade cambiou o porvir do encontro. O culle saía a pista demasiado relaxado pola renda de goles conseguida no primeiro tempo, pero o Xiria non ía vender cara a súa derrota, e facendo alarde do seu xogo conseguiron empatar o partido. Os nosos, sen perder nunca a calma, sabían o que estaba en xogo, e exprimindo os seus últimos folgos logran facer dúas boas defensas consecutivas para lograr o último tanto que nos daría a victoria.

Seguimos medrando, seguimos traballando. Noraboa rapaces!

Forza Caravaning.

GRUPO LEMACO XIRIA B 33-34 BM CULLEREDO GALAICOCARAVANING

GOLES:

Xiria: Nico Cancela 16, Xabier Fernández 1, Álvaro Gómez 1, Álvaro García3, Diego Barbeira 3, Simón Viña3, Marcos Varela 4, Andrés Pedreira, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto

Culleredo: Teo 6, Nico Díaz 1, Xoan Bello 4, Jaime 5, Hugo Rodríguez 7, Jairo 1, Víctor 1, Félix 3, Anxo 3, Gael, Mateo Negreira, Hugo Díaz, Mateo Pérez

PARCIAIS CADA 5':

4-7/ 7-9/ 10-10/ 10-15/ 12-18/ 13-20/ descanso/ 17-22/ 21-24/ 24-28/ 28-28/ 31-31/ 33-34/ final.

ARBITRAXE:

Renzo Martín.

INCIDENCIAS:

Xornada de liga prata deputada no Vila de Noia, coa presenza de numerosos siareiros de ambos conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *