Saltar ao contido

GOLPE ENRIBA DA MESA DO BM.CULLEREDO NO PARTIDO BNI BRIGANTIUM

Gran xornada a vivida onte no municipal de Tarrío coa presentación e fotos de todos os equipos de base do BM.Culleredo e a foto de familia dos máis de 350 xogadores cos seus técnicos e delegados. O acto, teloneiro do que se ía a vivir despois, un duelo no máis alto da táboa clasificatoria entre o BM.Culleredo e o Hospital Capilar Poio Artai, non defraudou e congregou no municipal a numerosas familias que fan posible que o BM.Culleredo sexa unha enorme e potente realidade social do pobo.

DENOMINACIÓN DO PARTIDO

Un partido con esta repercusión na máxima categoría do balonmán autonómico, non pode ser un enfrontamento ao uso, debe de constituírse como unha festa do noso deporte e, como consecuencia, debe de denominarse de forma única e especial. Neste sentido falamos polo tanto de BNI, unha organización potente, única, un "monstruo" e referente do Networking mundial idónea para nomear a un encontro de tamaña categoría. BNI é a organización de referencias de negocios máis grande e de máis éxito de España e do mundo, ten máis de 240.000 membros distribuidos nunha cifra que supera os 8.500 grupos espallados polo globo. Estes membros, actúan como un equipo de márketing para os demáis compoñentes do grupo, co obxectivo de xerar referencias de negocio cualificadas os úns para outros. Moitas destas referencias resultan en novos clientes para as empresas dos membros, aumentando así a súa cifra de negocio. BM.Culleredo forma parte con orgullo e ilusión dun destes grupos, concretamente de BNI BRIGANTIUM, un grupo afincado na Coruña e que a recado axudará e repercutirá moi positivamente no crecemento que ano a ano está a experimentar o BM.Culleredo. Por todo iso, que mellor escenario para presentarvos a todos aos nosos amigos de BNI BRIGANTIUM.

O ENCONTRO

O partido resultou ser máis dispar do esperado en favor dos locais, pero isto debeuse grazas ao ímpeto e a seriedade coa que os xogadores do Club BM.Culleredo saíron ao 40x20 do municipal, sabedores que os puntos eran esenciais para seguir o ronsel do líder, o BM.Porriño, a tan só un punto dos cullerdenses. O armazón defensivo en 6:0 resultou vital para as aspiracións de triunfo do conxunto de Culleredo, que cun inicio fulgurante, avantaxaba por 8-1 ao seu rival no minuto dez. O técnico visitante víase na obriga de solicitar o seu primeiro tempo morto ante o fulgurante inicio do BM.Culleredo, pero non conseguiría distraer aos xogadores rojillos, que continuaban cun xogo con escasas fisuras e un alto ritmo cara ao seu obxectivo final. O xogo combinativo no posicional daba os seus froitos e o traballo de cruces ante a defensa rival, obtiñan uns resultados satisfactorios que se reflectían no 16-10 do descanso.
Na continuación, o BM.Culleredo partía coa premisa de continuar como dominador e non deixarse sorprender ante un cambio de plan dos de Poio. Afianzados no seu modelo de xogo e arroupados no alto ritmo imposto grazas ás rotacións do plantel, a diferenza seguiría aumentando en favor dos intereses cullerdenses para, desta maneira, asinar un marcador moi convincente (36-23) e, o que é máis importante, facerse con dous puntos tan valiosos e importantes.

BM. Culleredo : 36 (16+20). Jorge López (P), Cristian Vigo (P), Martín ínsua (5), Miguel Casal (6), Carlos Costa (1), Iago Franco (2), Marco García (1), Marcos Vázquez (8), Daniel De Salvador (2), Iago Ferreiro (3), Juanchi (1), Diego Gago, Mario Crecente (3), Darío Pérez, Adrián Rodríguez (1), Alberto Catoira (3).

Poio Artai: 23 (10+13). Julio Ferreiro (P), Anxo Fraga (P), Santi Picallo (P), Daniel Balea, Alejandro Pombo (5), Tomás Balea (2), Damián González (3), Daniel Trigo (4), José Veloso, José Manuel Núñez, Pablo Romero (2), Pablo Picallo (3), José Javier Hermida (2), Andrés Pérez (2).

Parciais cada 5´: 2-0 / 8-1 / 8-4 / 11-7 / 14-8 / 16-10 / Descanso / 19-13 / 22-15 / 26-18 / 30-21 / 31-22 / 36-23 / Final.

Colexiados: Iván Hernández e Renzo Díaz.

Incidencias: Partido BNI BRIGANTIUM nos postos altos da clasificación. Xornada Nº 13 na 1ª autonómica en categoría senior masculino, disputado no pavillón municipal de Tarrío con moita afluencia de público e un excelente ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *