Saltar ao contido

EMPATE DE OURO

Gran encontro o vivido en Almeiras onde os puntos foron repartidos pero que calquera dos dous equipos puido conseguir a victoria.

Visitaba Almeiras un dos equipo base do Cangas , equipo da máxima categoría do balonmán estatal, a priori e despois do encontro de ida onde o Cangas foi claramente superior, se esperaba unha tendencia moi parecida, pero os nosos rapaces do Nosolomadera querian cambiar esa actuación do partido de ida.

Comezaba o encontro moi igualadoxa que no minuto 15 o resultado era de 7-7 , o Nosolomadera estaba ben consolidado na fase defensiva provando erros o ataque cangués ainda que con imprecisións na fase de transición no que o equipo perdía algún balón, isto e as paradas de Hugo Garcia porteiro cullerdense facian a igualdade no marcador que a no último treito da primeira parte non soubo resolver ben o culle xa que a falta de 3 min tiña ventaxa de 3 goles, pero o Cangas reaccionnou e incluso recortaba distancias con un gol de golpe franco a tempo parado.

Ventaxa mínima para o Nosolomadera ,17-16 o descanso.

Na reanudación do encontro o Cangas pegou primeiro e nos primeiros 10 minutos deulle a volta o marcador grazas a verticalidade dos seus laterais, e cun xogo de dobre pivote que estaba a dar problemas a o club cullerdense.

Pouco a pouco o Nosolomadera foi recortando distancia , o equipo local cambou o sistema defensivo e empezou a presionar un pouco máis e empezou a roubar balóns e provocar descerto no equipo visitante que a falta de 5 minutos tiña ventaxa de 3 goles, pero que nos últimos minutos non tivo acerto e o Nosolomadera tivo máis ambición , isto provocou que o equipo cullerdense puidera empatar o partido e con posibilidade ainda de poñerse por diante, pero non daba tempo a máis ainda que o Cangas tivo o último balón para levarse a victoria pero o balón foi rexeitado polo porteiro local Hugo García que tivo unha actuación sobresainte para acoller un punto que é de ouro.

Norabaoa os dous equipos polo espectáculo ofrecido esta fin de semana onde calquera puido levarse a victoria .

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 39- BM CANGAS 39

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Hugo García, Hugo Bregua (2),Adrián Aneiros(5),Xoán Canedo(11), Xoán Seoane(1),Jairo Candamio (5), Teo Gómez(7),Alexis Martinez(3),Alejandro Soto (2),Iván Gantes(1), Diego Rodriguez(1), Hugo Bermúdez(1).

BM CANGAS: Marcos Cordeiro, Dimitrije Doder(12),Gabriel Señorans(6), Christian Ferradas (11),Simón Hernandez(2),Hugo Bouso, Beltrán González(2),Adrián Iglesias(4),Jorge Salgueiro, Andrés Varela(1), Luis Lagoa.

PARCIALES CADA 5`:3-1/4-4/7-7/11-12/17-16/20-22/24-27/26-31/33-36/39-39

ÁRBITROS: PABLO TORREIRO

INCIDENCIAS: Xornada 11 da liga infantil masculino liga Ouro , disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *