Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

A presente xornada será sen dúbida interesante, cos senior xogando un partido do máis alto nivel en Tarrío e as categorías base desputando encontros con moita igualdade, nos que de seguro disfrutaremos de bo balonmán.

(IF) BALONMÁN XALLAS F.C. VS BM CULLEREDO SUTENOR

O Bm Culleredo Sutenor quere seguir na liña dos últimos encontros e seguir crecendo individualmente e como equipo. Terán que desprazarse a Santa Comba esta xornada para enfrontarse ao Bm Xallas, nun encontro que será máis complicado do que se poida imaxinar e no que as nosas deberán estar ao 100%

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS SAR RODAVIGO

As nosas infantís de Liga Ouro teñen un test moi serio ante a SAR de Redondela, un equipo nos postos altos que ven de gañarlle ao líder da categoría. O Abogacía Canosa pasiño a pasiño busca a súa oportunidade para seguir sumando bo xogo; e por que non, os puntos.

(IM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Afronta o Bm Culleredo Climanosa este domingo o derradeiro encontro desta 1ª fase da Liga Prata infantil masculina, na que se desprazará a Santiago a enfrontarse a duro equipo do Ribadosar. Van os nosos rapaces con 2 obxetivos moi claros, o primordial é seguir mellorando o traballo feito e recuperalo nivel amosado na primeira parte desta tempada e como obxetivo secundario, gañar os 2 puntos que nos asegurarían o 2º posto desta 1ª fase.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS BRUNO THE ROCK BARBER´S BM CANGAS

Xornada 11 e visita Almeiras o equipo de base infantil do Cangas, equipo da máxima competición do balonmán estatal.

Un rival que busca 2 puntos para manter a pelexa polo liderato. Os locais do Nosolomadera queren continuar unha fin de semana máis coa racha de bo xogo.

Prométese un partido moi disputado, donde os dous loitarán ata o final polos puntos.

(CM) GRUPO LEMACO XIRIA “B” VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

Este domingo ás 10:30, os nosos xogadores cadetes do galaico caravaning terán que erguerse cedo para afrontar un dous partidos máis complicados da categoría. Os nosos que veñen de sumar na última xornada e amosar unha vez máis a melloría no seu xogo e o crecemento coma grupo, intentarán de seguro, con uñas e dentes, traerse no peto os dous puntiños.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS OAR CORUÑA 1952

Derbi provincial na xornada 11, donde os nosos buscan a revancha do partido de ida no que foron superados polo OAR Coruña por un gol.

Verase un partido igualado donde os nosos cadetes do Remax Riazor queren os puntos, para iso necesitarán estar moi xuntos e unidos na fase defensiva.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS PIZZERÍA BARATTO BM CANGAS

O BM.Culleredo Sweepend, actuará de local este próximo sábado na segunda xornada da segundo volta da liga Ouro. Ca idea de conseguir unha vitoria máis que os mantéña no alto a táboa sen ceder ningún punto e por tanto, achegarse unha semana máis ao seu obxectivo de obter o campionato galego, os cullerdenses son conscientes de que terán que realizar un partido dende a humildade, serio e sen fisuras para non verse sorprendido polo conxunto do Morrazo. O encontro comezará ás 11:00h no polideportivo de Almeiras.

(XF) CORETI LALÍN VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

O obxetivo e seguir sumando en encontros a priori complicados.

Midense no Pavillón Municipal de Lalín o domingo ás 12:00, dous equipos cunha diferenza de 6 puntos entre eles. Ambos teñen claro co importante é gañar, o Lalín para pelexar pola primeira posición e o Bm Culleredo Baía Edicións por seguir escalando posicións na táboa clasificatoria.

O pasado fin de semana as cullerdenses gañaron ó Lucense, dando un golpe sobre a mesa na loita por estar nos postos da arriba.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS CLUB BM APARTAMENTOS TURISVIVEIRO

Este próximo domingo ás 18:00, o grupo xuvenil de liga prata "óptica Gallaecia' recibirá no municipal de Almeiras ao  BM Viveiro, un conxunto que no partido de ida puxo as cousas moi difíciles aos cullerdenses, polo que de seguro será un duelo de intensidade.

Os nosos teñen coma obxectivo manterse invictos nestes dous últimos encontros que lle quedan nesta primeira fase ligueira.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BALONMANO PORRIÑO

Partido complicado o que ten esta xornada (adiantada á tarde do venres) o noso xuvenil de Liga Ouro, no terá que recibir na pista de Almeiras a un dos favoritos para o título esta tempada, o BM Porriño, un equipo que só cedeu dous puntos ata o momento. O noso equipo terá que render ao seu mellor nivel tanto en ataque como en defensa, ante un rival que non perdoa os erros.

(SM) BM CULLEREDO VS POIO ARTAI

Gran partido e fantástica xornada a que se vivirá esta fin de semana en Tarrío. Desde as 17.30 da tarde, realizaranse as presentacións dos diferentes equipos de base, para, finalmente, realizar a foto de familia habitual cos máis de 350 nenos e nenas e os corpos técnicos pertencentes ao club. A continuación, a disputa dun  encontro no cume, o partido BNI BRIGANTIUM, que enfrontará a dous dos máximos aspirantes ao título, o BM.Culleredo, segundo na clasificación a un punto do líder e o quinto clasificado, o Artai Poio, a cinco puntos destes. Os cullerdenses terán que realizar un partido perfecto ante o potencial do conxunto pontevedrés, elevando as súas prestacións defensivas para parar a un rival con numerosos argumentos no seu ataque. De igual modo, o xogo colectivo, a velocidade do balón e a paciencia no posicional, parecen argumentos indispensables para superar a férrea defensa dos visitantes. O encontro dará comezo ás 18:30h do sábado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *