Saltar ao contido

Partidazo do Sutenor que se queda ás portas de derrotar ás líderes

Este sábado tiñan un moi duro compromiso as nosas rapazas do Sutenor, que recibían ás líderes da categoría, o Club Balonmano Atlántico, que conta todos os seus partidos con victorias.

As rivais eran as máis duras e as nosas tiñan na mente mellorar o resultado acadado no partido de ida, no que se perdera de 19 goles. Con este obxetivo e as boas sensacións coas que chegaban as nosas a esta xornada, comezaba un encontro no que as nosas rápidamente amosaban que son capaces de loitar con calquera rival.  A defensa cullerdense era un auténtico muro contra o que nada podían facer nestos primeiros compases as de Oleiros, estando as nosas moi fortes no 1x1 e con axudas precisas e contundentes. En ataque a velocidade das nosas e as boas tomas de decisión permitíannos chegar con relativa facilidade ao gol. Xa no minuto 10 a diferenza era de 3 goles a favor do Sutenor, que mantiña a intensidade e o bo traballo, pero reaccionaban as rivais que conseguían aproveitar as nosas perdas de balón para chegar rápido ao contraataque e reducir a diferenza a tan só 1 gol ao descanso.

Chegaba o que sería sen dúbida o punto de inflexión do partido, uns malos primeiros 5 minutos da 2ª parte na que encaixábamos un parcial de 0-4, tras 2 fallos de lanzamentos claros e 2 pérdidas de balón por despistes das nosas xogadoras. Tras estos malos primeiros  minutos das nosas tocaba pedir un tempo morto, aclarar ideas ofensivas e axustar a nosa defensa, sendo efectivo, xa que o partido volvía a igualarse con un parcial 3-1 favorable ás cullerdenses que se poñían a 1 gol.

A estas alturas do partido comezaba a notarse o cansancio das xogadoras e viríanse 10 minutos pragados de imprecisión por ambas partes, nas que as de Oleiros conseguían poñerse a 5 goles de vantaxe con 5 minutos restantes no marcador. Tocaba remar ata o final para intentalo imposible e a piques se estivo, marcando o gol definitivo cun bo lanzamento de falta directa a tempo parado que poñía o definitivio 26-28 no marcador.

Unha nova xornada na que as rapazas do Sutenor amosan que son capaces de competir e poñer en problemas a calquera equipo que as enfrente e sen dúbida o mellor partido da tempada, amosando que o traballo e o camiño son os adecuados.

Bm Culleredo Sutenor: 26 (17+9) Sara Bello (P), Eva (1), Sara Villar (3), Aitana (1), Helena (2), Adriana (2), Noa (16), Uxía, Inés, Luana (1), Antía, Cintia.

Club Balonmano Atlántico: 28 (16+12) Aroa Méndez (P), Ariadna (4), Carlota (1), Adriana (1), Xiana (2), Carolina (1), Carmela (7), Noelia (2), Aroa Vilariño (1), Cristina, Lucía (4), Ana (5), Sofía, Sabela, Erika.

Resultado cada 5 minutos: 3-3 / 8-5 / 10-8 / 13-12 / 17-16 / DESCANSO / 17-20 / 20-21 / 22-25 / 22-27 / 26-28 / FINAL

Árbitros: Iván Alfonso, correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *