Saltar ao contido

O Climanosa recupera o seu bo xogo

Este sábado afrontaba o Bm Culleredo Climanosa un importante encontro fronte aos veciños do Club Balonmano Atlántico, loitando por manter o 2º posto da Liga Prata infantil masculina.

Nada máis comezalo partido, o Climanosa amosábase superior, conseguindo goles sinxelos en apenas uns segundos, pero os erros defensivos mantiñan aos rivais a tan só 3 goles nos primeiros 10 minutos. Axustaban os nosos a defensa e o partido cambiaba por completo, con múltiples paradas dos nosos porteiros e xerando moitas dudas ao ataque dos de Oleiros, conseguíamos sair con velocidade ao contragolpe e romper a dinámica do encontro, chegando ao descanso 13 goles arriba no marcador.

Daba comezo a segunda parte coa mesma tónica coa que rematou a primeira, con un Climanosa superior e recuperando sensacións tras unhas xornadas de mal xogo. A presión da defensa 3:3 local e a velocidade dos nosos foron unha dor de cabeza para os rivais, que non atopaban o camiño ao gol con facilidade. Co partido tan favorable puido verse participando con moitos minutos de xogo a 2 xogadores alevíns do clube (Javier e Jacobo) convocados que comezan a botar unha man coa categoría superior e a amosar que non lles tembla o pulso á hora de xogar cos maiores.

Boa imaxe en definitiva dun Climanosa que afrontará este domingo a derradeira xornada da 1ª fase da Liga Prata infantil masculina buscando unha victoria que asegure o 2º posto e a clasificación á fase na que poderán loitar polo título de campións galegos da Liga Prata.

Bm Culleredo Climanosa: 43 (24+19) Hugo (P), Iago (P), Iván (11), Mauro (2), Antón (3), Alejandro (10), Pablo (8), Isaac (2), Martín (2), Guillermo (1), Xoel, Jacobo, Javier (4).

Club Balonmano Atlántico: 24 (11+13)  Tomás Montero (9), Iago, Martín Cabado, Martín Borrazas (3), Pablo, Samuel (6), Tomas Aklain (4), Emilio (2), Alejandro.

Resultado cada 5 minutos:  5-2 / 8-5 / 13-7 / 22-11 / 24-11 / DESCANSO / 28-12 / 32-15 / 34-19 / 40-21 / 43-24 / FINAL

Árbitro: Iván Alfonso, correcto ao longo do encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *