
Victoria moi importante o domingo a do equipo xuvenil femenino do Balonmán Culleredo Baía Edicións, que frea así unha mala racha de resultados.
Xa eran varios os encontros que deixaban coa mel nos labios as rapazas cullerdenses. Pese ó seu bo traballo e esforzo, unha e outra vez ,mantiñanse no encontro, para o final vencer cun marcador inesperado.
As cullerdenses, xogaron por fin un encontro acorde o seu ritmo (as lesións non lles deixa respiro), sen altibaxos e compensadas as actuacións en todalas súas líneas. Con elo chegou o primeiro triunfo da segunda rolda da Liga de Prata.
Non as tiña todas consigo o Culleredo. Fronte, o Lucense, logo de perder na primeira rolda contra elas, as tornas cambiaron no encontro do domingo en Almeiras.
Ritmo adecuado de partido. Precavidas o equipo local, logo de conseguilo empate no último intre da primeira parte. Primeira parte moi igualada. Estaba atascada a primeira línea fronte a unha defensa 6:0.
Entrou en funcionamento o pase e vai e as primeiras líneas comezaron a encontrar espazos e xogar cómodamente.
O equipo local plantou cara o equipo lucense e puido aguantar, conseguindo abrir unha pequena brecha os 15 minutos do comezo da segunda parte. A pesar do resultado, foi un encontro moi disputado, onde ámbolos dous equipos pelexaron e deixaron un bo sabor de boca a súa afición.
BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 22 (7+15): Aroa Barbeito Casas , Carla Bello Lopez (9), Lua Fernandez Nuñez , Marina Rodriguez Fernandez (6), Carla Muiño Cancela (4), Maria Bescansa Alcoba, Sofia Gerpe Insua , Noa Insua Gomez (1), Leire Barbeito Casas , Paula Peteiro Vazquez (2), Paula Vidal Rouco
MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 15 (7+8): Carlota Rielo Barrio (4), Sabela Campo Moncada , Iria Ruiz Romero , Carla Bouza Lopez , Nahomy Eunice Argueta Gonzales (2), Sheila Vazquez Rodriguez (1), Jennifer Soto Romaris, Eyram Sefenu Varela (2) , Iria Maria Amedo Lopez (5), Adriana Fernandez Pazo (1), Anne Ziyan Saavedra Otero , Mara Lorenzo Vazquez, Uxia Perez Fernandez, Ada Barreiro Pulpeiro.
Parcial Cada 5 Minutos: 2-2/4-2/5-5/6-6/7-7 Descanso 8-7/9-9/12-10/15-11/20-13/22-15 Final
Colexiados: Incidencias: Andre Pena Muiños e Martina Regueiro Insua excluiron a Noa Insua polo equipo local e a Nahomy Eunice catro minutos polo equipo visitante .10ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras.Con 50 Persoas aproximadamente de público.
Resultados da xornada:
BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - CORETI LALÍN 41-35
ASMUBAL MEAÑO - BALONMANO PORRIÑO "B" 25-27
B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - AACLINIC BM PABELLÓN 19-25
BM CASELAS - BALONMÁN MOAÑA 30-10
